Skip to Content

Proxecto VEDRA MEDRA

Pasiño a pasiño imos rematando o Camiño

E así é, porque con esta saída de 1.º e 2.º de primaria chegamos á penúltima actuación de “Vexo, veo Xacobeo” neste curso 23-23. O venres 12 de maio, 59 rapaces e rapazas fixeron o percorrido entre San Pedro de Vilanova e Lestedo pola ruta da Prata coas súas profes. Esta camiñada acompañouse de actividades no Camiño desenvoltas pola empresa Anacos e as súas monitoras. O concello de Boqueixón colaborou con Vedra medra nesta ocasión e queremos agradecerlle o seu interese e aposta polo noso proxecto de dinamización patrimonial.

Nesta ligazón pódense ver as fotos da saída: Pasiño a pasiño imos rematando o Camiño

Xulia Marqués

Coordinadora do EDLG e de Vedra medra

Visita á Pontenova. Patrimonio histórico-industrial

Se por algo é coñecido este concello lucense é polo seu pasado mineiro. Xunto ás de Viveiro, as da Pontenova foron na 1.ª metade do século XX unhas das minas de ferro máis grandes de Galicia. Da súa explotación, entre os anos 1901 e 1965, quedan numerosos restos patrimoniais que se converteron en verdadeiros sinais de identidade da Pontenova: os cinco fornos de fundición, a estación de ferrocarril ou a senda verde que discorre polo trazado da liña ferroviaria que unía a vila co porto de Ribadeo.

Ata o nordés de Lugo, acudiu Vedra medra co alumnado de 3.º da ESO. Alí tivemos ocasión de acceder á mina Consuelo, unha galería subterránea de grande interese espeleolóxico, de percorrer a ruta dos fornos e de baixar en tirolesa. Esta, de 330 m. de lonxitude e que hai pouco que se puxo en funcionamento, recrea o antigo teleférico aéreo, construído en 1905, que servía para trasladar o mineral ata o forno do Boulloso.

Aprendemos o que era o “leite de lúa”, apreciamos as cores dos restos de mineral dentro da mina, imaxinamos como sería a vida e o traballo dos mineiros, reparamos nas infraestruturas que trouxo consigo esta actividade industrial para unha comarca rural coma esta... abrimos camiños para o coñecemento dun patrimonio que non coñeciamos ata agora.

Album de fotos e video

Entroido tradicional da Ulla 2023

No mes de febreiro celebramos, como vén sendo tradición, o Entroido da Ulla preparando as nosas nove parellas de xenerais e correos que participaron na exhibición deste ano. 

Un xeito de honralos é recordalos polo seu nome: 

Enzo e Andrés, David e Mateo, Suevia e Marcos Ferro (de educación primaria); Borja e Miriam, Ángel e Gisella, Xulia e Sergio, Iker e Lucía, Laura e Dani, Noel e Abel (da ESO). 

Agradecemos aos seus pais e ás súas nais o seu apoio ao longo de todo o proceso e ao concello de Vedra que nos prestou os cabalos para os atranques.

Album de fotos e video

Xulia Marqués

Coordinadora do EDLG e Vedra medra

Contacontos de “Vexo, veo Xacobeo”

A cativada do primeiro ciclo de educación infantil asistiu o pasado 20 de marzo a dúas sesións de contacontos no centro educativo.

Trátase dnha actividade máis dentro do proxecto "Vexo, vexo Xacobeo" que este curso estamos a desenvolver e que pasamos a resumir en imaxes.

Ver fotografías do Contacontos

 

Xulia Marqués

Coordinadora do EDLG e de Vedra medra

Vedra medra ten rostro de muller

Co fin de sumarnos ao Día Internacional da Muller, Vedra medra cedeulles a palabra a tres vedresas Elvira Gestoso, Ana Dacosta e Pilar González que nos acompañaron na sesión de xogos populares do pasado 11 de novembro no centro. Seis alumnas da ESO fixéronlles unha entrevista coa que quixeron saber máis dos xogos e xoguetes que practicaron e construíron sendo elas nenas. Eran outros tempos, cando un pau se convertía en cabalo ou unha palla en frauta, cando as muñequiñas se facían de espighas e as casiñas de carozos e os enredos se creaban a partir do que tiñan á man na aldea. O papel do xoguete onte e hoxe suscitou tamén a reflexión destas nais, agora xa avoas.

Este 8 de marzo deunos unha nova oportunidade para sensibilizar a comunidade educativa do valor do xogo tradicional e popular como elemento patrimonial, como un dos saberes en que a transmisión directa de nais a fillas, de avoas a netas aínda é posible e, que permite, ademais a participación grupal e social.

 A entrevista realizárona Nerea, Julia, Ylenia, Martina, Alba e Saray de 3.ºESO-B e pódese escoitar xa en

https://www.facebook.com/vedramedra/videos/1184923845561199/

Día de Rosalía 2023

Para festexar o Día de Rosalía e a Festa local de exaltación da camelia, o alumnado de 1.º ESO participou nas seguintes actividades:

    1. Lectura do manifesto Día de Rosalía 2023 “Cumpriuse a xustiza…” (AELG). Interveñen 7 alumnos de 1º ESO-B: Mateo, David, Xoel, Artur, Daniel, Pablo, Alex.

 

    2. Recitado de poemas de Rosalía de Castro (as rapazas de 1.º A e 1.º B): “Nasín cando as prantas nasen” (Africa, Naiara, Nuria, Paula, María); “Campanas de Bastavales” (Lucía e María, Carlota e Malak; “Adiós ríos, adiós fontes” (Mara, Ariadna, Melisa, Xiana, Xulia); “Airiños, airiños, aires” (Martina). 

    3. Recitado de poemas de Rosalía de Castro (os rapaces de 1.º A e 1.º B): “Castellanos de Castilla” (Adrián, Gael, Hugo, Beltrán, Iván); “Unha vez tiven un cravo…” (Miguel, Adam, Álvaro, Iker, Borja); “Que pasa ó redor de min” (Sergio); “Ladraban contra min que camiñaba” (Paulo, Iker, Mateo, Lorenzo; Brais, Ángel, Marcos); “Mais ve qu’o meu corazón…” (Juan, Joel).

Xulia Marqués

Coordinadora do EDLG e Vedra medra

 

Festa da Filloíña (Lestedo, 18 de febreiro)

 

Pegadas do noso paso polo festexo:

    1. Pregón da festa que correu a cargo dos rapaces de 4.º de primaria do CPI de Vedra: Martina e Uxía (4.º B) e Artai e Zaira (4.ª A).

 

    2. Atranques. Parellas participantes de EP e ESO: Enzo e Andrés, Laura e Dani, Noel e Abel.

Fotografías no Facebook Vedra medra:

https://www.facebook.com/media/set/?vanity=vedramedra&set=a.519374387029931&__cft__[0]=AZWLdHotLo8VurFRFTdT3-7J4glpavg0Yz5jmm3aXPQJJJhZoKZY2QTRPk165ED8SKzHlqI2ICm6SgRNvqmsvRhWzJvDfE41dRPwPnpDG-T6uYFi0rf-uBxXCjIBAifVH9lfIL90OzJdqFhedNQwy9O9UBmjUsbMfxE2VPo1rzBHX3AeU5qkHKJ0V_rQpkx7VF4&__tn__=-R

 

Xulia Marqués

Coordinadora do EDLG e Vedra medra

Camiñando polo CGAC adiante

O venres 27 de xaneiro estivemos en Santiago no Centro Galego de Arte Contemporánea convidados polo Departamento de Educación Plástica co alumnado de 3.º e de 4.º da ESO da dita materia. Comezamos o percorrido pola exposición “Camiños III”. 

Segundo puidemos ler na presentación, ofrecía ao visitante “o camiñar como pegada cultural que condiciona a mirada e xera paisaxe e consecución de sensibilidade”.

E vimos que “Camiños III” contiña diversas accións performativas rexistradas en vídeo, cadernos de campo e mapas. Nestas, os artistas axudaban a reflexionar sobre o camiñar da contemplación

Un pracer para os que este curso decidimos seguir Camiñando con Vedra medra. Aínda que como ben se sabe, os galegos non camiñamos, andamos polos camiños…

Xulia Marqués

Coordinadora do EDLG e de Vedra medra

 

DIVULGACIÓN DAS ACTUACIÓNS DO PROXECTO VEDRA MEDRA

Este curso contamos cunha nova canle de difusión, a revista dixital do centro Fiadeiro

Revista Fiadeiro

Lembrade que tamén estamos cada mes en todas as casas de Vedra a través do

Boletin informativo | Concello de Vedra

E puntualmente subimos contidos nas redes 

Vedra Medra | Facebook

Síguenos….

DÍA INTERNACIONAL DO PATRIMONIO MUNDIAL

Outro ano máis (e xa van 8!!), festexamos o DÍA INTERNACIONAL DO PATRIMONIO MUNDIAL no CPI de Vedra.

Cómpre recordar que neste día se conmemora o 50.º aniversario da Convención do patrimonio mundial, cultural e natural asinada en París un 16 de novembro de 1972.

Grazas vedreses por estar á nosa beira nesta andaina tan emocionante e chea de aprendizaxes patrimoniais.

 

Xulia Marqués

Coordinadora do EDLG e de Vedra medra

Distribuir contido


by Dr. Radut