Skip to Content

Actividades

Entréganse os premios e diplomas ao alumnado gañador de “Arrepíos e outros medos”

Velaquí a foto da entrega.

Faltaban María e Mara… e notamos ben a súa ausencia.

 

Reiteramos os nosos parabéns a toda esta canteira de escritores/as do CPI de Vedra que nos sorprenderon cos seus magníficos relatos de medo e misterio e animámolos a que continúen escribindo tan ben.

 

Adiante rapazada!!!

GAÑADORES CONCURSOS DE MICRORRELATOS "Arrepíos e outros medos"

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega vén de emitir i fallo ao Concurso de Microrrelatos "Arrepíos e outros medos" deste ano 2020, realizado con motivo de Samaín.

LISTAXE DE GAÑADORES

 

Magosto no CPI Plurilingüe de Vedra

Todo o colexio, Infantil, Primaria e Secundaria, pasamos a tarde do xoves celebrando o magosto. Primeiro, todo o alumnado participou en competicións de xogos populares: carreiras de sacos, de relevos, o xogo do pañuelo e tiro de corda. Máis tarde, degustación de castañas asadas. Aproveitouse o evento para entregar os premios de concurso de microrrelatos organizado polo Departamento de Dinamización da Lingua Galega; aos seis alumnos e alumnas premiados entregóuselles un diploma e un pequeno agasallo.

Na seguinte ligazón podedes ver fotografías da celebración:

https://photos.app.goo.gl/MMXTPdAzHAZHeucX7

 

SOBREMESAS BEN SABOROSAS

O xoves pasado debiamos celebrar o Magosto no centro pero non puidemos por mor das alertas. Así que para aproveitar o día puxémonos mans á obra. Ou mellor dito, puxéronse mans á masa os rapaces e as rapazas de 6.º de primaria. 

Aquí están as fotos. 

Mirádeos ben enlarafuzados.

E os de 1.º da ESO trouxeron decoradas unhas madalenas terroríficas que daba gusto velas. Claro que antes xa leran uns cantos libros e relatos de medo GALEGO, que é ben particular…

Entre todos xuntamos unhas madalenas e unhas sobremesas que sabían de medo! 

Que si, que as probamos. 

E as de 6.º non, porque resultaron tan boas que non deixaron nin a proba…. É O QUE TEN!!!

Xulia Marqués

Coordinadora do EDLG

 

 

 

A escritora Arantza Portabales visita o CPI de Vedra

Este martes 16 de outubro, Arantza Portabales estivo no centro impartindo un obradoiro de MICRONARRATIVA para o alumnado de 3.º da ESO.

Esta actividade enmárcase dentro da programación que o EDLG promove con ocasión do SAMAÍN. Está concibida como previa á participación dos rapaces no certame de microrrelatos "Arrepíos e outros medos".

O concurso vénse celebrando desde hai varios anos e este 2018-19 presenta unha novidade: xa non participa só a rapazada da ESO senón a de 5.º e 6.º de primaria.

Para concluír esta nova traemos unhas palabras que Arantza escribiu tras a visita:

"Hoxe estivemos en Vedra , falando en linguaxe Ornitorrinca.

 Estes cachorros apuntan maneiras.Manu Espada estivo

moi presente. Tamén Nicolás Jarque. E a miña Celeste".

  

Xulia Marqués

Coordinadora do EDLG

 

 

CELEBRAMOS A SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

Con motivo da semana das Letras Galegas desenvolvéronse variadas actividades que se centraron particularmente en homenaxear a autora Mª Victoria Moreno.

Destacamos en primeiro lugar a actividade "MULLERES QUE CONTAN" que se celebrou na Biblioteca Municipal, á que asistiu o alumnado de 1º de ESO o día 14.

Ler máis +

Ver fotos +

O día grande foi o venres 18, no que desde as 12.30 ata as 14:00 horas se desenvolveron variadas actuacións no patio cun fio condutor: a autora homenaxeada.

Ver fotos +

Máis fotos e videos +

O CPI de Vedra participa no Correlingua 2018

Setenta e seis rapaces e rapazas de 1.º e 2.º da ESO participaron o día 7 de maio na edición do Correlingua en Santiago de Compostela.

Convocados baixo o lema "A lingua non para", acudimos á cidade compostelá cunha reinterpretación en clave local. Para iso, axudámonos da imaxe da Ponte do Gundián, que escollemos de fondo, e dun lema propio"Non a deixes caer". 

Ler máis +

Ver fotos +

ALUMNAS DE 2º ESO PARTICIPAN NO CONCURSO NOVOS TALENTOS DE RELATO CURTO

O CPI de Vedra participará o vindeiro 9 de marzo en Santiago de Compostela no certame literario Concurso Coca-Cola Novos Talentos de Relato Curto! dirixido ao alumnado de 2.º da ESO  no que se busca potenciar a creatividade dos alumnos/as a través da escrita dun microrrelato en lingua galega.

Ver nova completa +

COCIÑA TERRORÍFICA E CONCURSO DE MICRORRELATOS CON MOTIVO DO SAMAÍN E MAGOSTO

Coincidindo co Samaín e o Magosto celebrouse no centro o concurso de microrrelatos de medo "Arrepíos e outros medos" na etapa de Secundaria. Nos seguintes enlaces podedes ver a noticia e fotografías da entrega dos premios o martes día 7 durante a celebración do Magosto.

Por outro lado, tamén tivo lugar a divertida exposición culinaria "Cociña terrorífica de Escarlatina e Esmeralda" cos traballos realizados polo alumnado de 1ºESO. Tamén incluímos a noticia e fotos da mesma.

Cartel concurso

Noticia concurso

Relación de Gañadores

Fotos entrega de premios

Noticia exposición

Fotos exposición


O CPI de Vedra recibe a visita de varios profesores universitarios

O CPI de Vedra recibe a visita de varios profesores universitarios

Hoxe, 18 de maio, achegáronse ata o noso centro os profesores Ramón López Facal, catedrático e profesor emérito, e Belén Castro, vicedecana da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela. Viñeron acompañados de Julia Feijoo (USC) e de Sergio Sampedro, da Universidade de Huelva, para interesarse polas actuacións que viñemos desenvolvendo nestes últimos tempos en Vedra medra.

LER MÁIS

Distribuir contido


by Dr. Radut