Skip to Content

NOVAS

O CPI DE VEDRA PARTICIPA NO PROGRAMA RECUPÉRA-T (ARCO E PROA+)

O noso centro foi seleccionado para levar adiante o Contrato Programa RECUPÉRA-T que inclúe os Programas de Exito Educativo ARCO (4º/5º de Primaria), de outubro a decembro, e PROA+  (4º ESO) durante todo o curso, co obxecto de favorecer a orientación e o reforzo para o avance e apoio na educación durante este curso académico 2021-22. 

Neste programa, que conta con financiamento do FSE (Fondo Social Europeo), participarán arredor de 25 alumnos/as que contarán co apoio e reforzo de novo profesorado específico para este proxecto.

IMPORTANTE NA VOLTA ÁS CLASES EN XANEIRO

Ante a volta ás clases este ventres día 8 de xaneiro, e tendo en conta a situación da pandemia neste momento, adxuntamos a xa carta remitida por ABALAR MÓBIL lembrando as normas básicas de prevención para evitar os contaxios, comose veu facendo no primeiro trimestre. Todo se resume en CINCO piares básicos:

  1. ENQUISA DE AUTOAVALIACIÓN (Se hai síntomas non asistir á clase).
  2. USO DE MÁSCARA.
  3. GARDAR DISTANCIA (1,5 m.).
  4. HIXIENE E DESINFECCIÓN.
  5. VENTILACIÓN (Hai que vir abrigados).

Ver carta

AGRADECEMENTO E FELICITACIÓN DE NADAL

O Profesorado, Persoal Non Docente e o Equipo Directivo do CPI Plurilingüe de Vedra queremos desexar a toda a Comunidade Educativa un bo final de ano e mellor comezo de 2021. Agardamos que no novo ano poidamos por fin deixar atrás as dificultades e reveses deste 2020 de confinamento e pandemia.

Este é o momento tamén do agradecemento por toda a axuda e colaboración prestada para saír adiante neses momentos de incertidume: ao alumnado polo seu comportamento exemplar, ás familias pola súa axuda responsable desde as casas e ao resto da comunidade educativa polo seu compromiso, esforzo e apoio.

Sen esa colaboración de todos sería imposible rematar o trimestre coa escasa incidencia do virus no centro.

GRAZAS A TOD@S

TARXETA DE NADAL

DOAZÓN AO BANCO DE ALIMENTOS

Hoxe venres día 4 de decembro tivo lugar a entrega dos alimentos non perecedoiros entregados solidariamente polo alumnado do centro, Este proxecto, promovido polas aulas de 6º de Primaria, tivo o seu primeiro acto coa charla nas aulas por parte dunha das responsables do Banco de Alimentos Rías Altas ao que corresponde o noso concello.

Logo, fixeron partícipes da ideia a todo o centro e prepararon unhas caixas para depositar os productos e poñelos en corentena ata o momento da recollida, debido á situación da pandemia. O éxito da iniciativa foi enorme, como poidemos comprobar no momento entrega das caixas ao Banco de Alimentos, pois a doazón supuxo máis de 500 kg de alimentos.

Moitas grazas á toda a Comunidade Educativa por axudar a construír con nós un mundo máis solidario!

 

LISTAXE PROVISONAL ADMITIDOS DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS

Rematado o proceso de solicitudes, publícase ás listaxes de admitidos e excuídos para a distribución de máscaras ao alumnado.

As listaxes estarán expostas no taboleiro do centro, pola lei de proteccion de datos. Hai un prazo de dous días para posibles reclamacións. Para información xeral, dicir que a listaxe de admitidos coincide con aquel alumnado que foi beneficiario da axuda para material no Fondo Libros (vale de 50 €).

Despois da listaxe definitiva procederase ao reparto das máscaras, unha vez recibido o pedido da adquisición do centro. Distribuiranse 3 ou 4 máscaras en función do número de lavados recomendados para as mesmas e dos días que faltan ata final de curso. Son máscaras hixiénicas reutilizables segundo as especificacións contidas na convocatoria.

Comunicarase por este medio ou por Abalar Móbil o día e sistema de reparto.

 

 

ACTIVIDADE SOLIDARIA - BANCO DE ALIMENTOS

O Centro organiza unha campaña solidaria de recollida de alimentos non perecedoiros para entregar ao Banco de Alimentos.

Datas: do 19 ao 27 de novembro de 2020.

Entregas: Depositar os alimentos nas caixas habilitadas ao efecto na clase ou nos corredores.

CARTA ÁS FAMILIAS 

     

                                  

CONVOCATORIA AXUDAS AO ENSINO E TRANSPORTE - CONCELLO DE VEDRA

O concello de Vedra ven de convocar AXUDAS AO ENSINO E O TRANSPORTE - Curso Escolar 2020-2021.

As bases pódense consultar na páxina web do Concello de Vedra ou no seguinte enlace:

ENLACE AO BOP

AVISO FAMILIAS ALUMNADO ESO

REUNIÓN TELEMÁTICA

Este XOVES 17 de setembro ás 19:00 h. convocamos unha reunión telemática por videoconferencia, para resolver dúbidas ás familias do alumnado de Secundaria. Poderase acceder á reunión a través desta ligazón: https://meet.google.com/vgr-herm-drn

INICIO DE CURSO

Para o primeiro día de curso (23, 24 e 25 de setembro segundo os horarios que figuran máis abaixo) as nais e pais que traian aos nenos/as os deixarán na entrada sen entrar ao recinto, onde estará esperando o profesorado para facer a entrada nas aulas.

 

AVISO SECUNDARIA:NOVAS DATAS DE COMEZO DE CURSO

Segundo publica na súa páxina web a Consellería de Educación, o alumnado de Educación Secundaria comezará o curso unha semana máis tarde para favorecer a organización dos grupos e clases en función dos cambios no protocolo de adaptación á situación COVID-19.

Así o inicio das clase será:

DÍA 23 - MÉRCORES: 1º e 2º de ESO

DÍA 24 - XOVES: 3º DE ESO

DÍA 25 - VENRES: 4º ESO

 

AVISO PARA AS FAMILIAS DE 2º DE PRIMARIA

2º PRIMARIA - AVISO IMPORTANTE

As titoras de 2º de Primaria, recomendan que se traian ao centro os materiais do curso antes do primeiro día en horario de mañá, deixandoo en conserxería, para facilitar a incorporación sen vir tan cargados.

Distribuir contido


by Dr. Radut