Skip to Content

NOVAS

AVISOS IMPORTANTES FIN DE TRIMESTRE

AVISOS IMPORTANTES SOBRE A ORGANIZACIÓN DO FIN DE TRIMESTRE

1- Este xoves 21 de decembro, último día de clase do trimestre, NON HABERA SERVIZO DE BIBLIOTECA POLA TARDE, por cuestions organizativas do centro.

2- O informe boletín das notas de 1ª Avaliación será enviado exclusivamente por ABALAR MÓBIL.

 

FELICITACIÓN E RECOMENDACIÓNS LECTORAS

En primeiro lugar, queremos agradecer a colaboración recibida na Operación QUILO, realizada esta semana.

Aproveitamos para recomendarlles lecturas para o NADAL co habitual boletin da BIBLIOTECA que podedes ver no enlace

https://revistafiadeiro.blogspot.com/2023/12/boletin-de-recomendacions-lectoras.html

E finalmente desexarlles a toda Comunidade educativa do CPI Plurilingüe de Vedra unhas Felices Festas e un moi bo comezo do ano 2024.

 

DÍA NON LECTIVO - 18 DE SETEMBRO

Lembramos que o vindeiro luns día 18 de setembro é día non lectivo no CPI Plurilingüe de Vedra, por ser festivo local.

 

O EQUIPO DIRECTIVO

COMEZO CURSO ESCOLAR 2023-2024

O vindeiro luns día 11 de setembro darán comezo as clases en todas as etapas educativas do CPI Plurilingüe de Vedra, co seu horario habitual. O transporte escolar e o comedor escolar funcionarán nos seus horarios habituais.

Aquelas familias que queiran achegar aos seus fillos/as ao centro deberán evitar a interrrupción da chegada dos autobuses e non estacionarán na rúa de de acceso ao centro. Agradecemos a colaboración de todos.

ORGANIZACIÓN DA ENTRADA ÁS AULAS:

SECUNDARIA: Ao entrar no recinto, o alumnado reunirase en torno ao profesorado titor do seu grupo (terá un cartel), que pasará lista para logo acceder ás clases paulatinamente. Con este fin este venres as familias recibirán unha comunicación de Abalar indicando o grupo no que quedou incluído a alumna ou alumno.

INFANTIL E PRIMARIA: Os profesorado estará en lugar visible cos carteis dos distintos cursos para que se achegue o alumnado. Logo irase chamando nominalmente por grupos para entrar co seu titor ou titora correspondente.

 

AVISO IMPORTANTE - ALUMNADO CURSOS EDIXGAL

Adxuntamos instrucións para a xestión do equipamento EDIXGAl no final de curso, porque hai novidades con respectos a curso anteriores.

INSTRUCIÓNS XESTIÓN EQUIPOS EDIXGAL ALUMNADO (5º/6º PRIMARIA - 1º/2º/3º ESO)

O CPI Plurilingüe de Vedra galardoado co V Concurso de Podcast - Radio na Biblio

O CPI Plurilingüe de Vedra é galardoado co V Concurso de Podcast - Radio na Biblio polo traballo titulado Francisco Fernández del Riego e o Galician Program, que afonda na labor do autor homenaxeado nas Letras Galegas deste ano elaborando guións para un programa sobre cultura galega, en galego, que a BBC emitiu mentras a nosa lingua estaba prohibida polo réxime franquista.

O guión e a locución do traballo foi a cargo do alumnado de 2º ESO Iago Lago Villanueva, Catuxa Lodeiro Fernández, Ángela Nebra Iglesias e Lola Valle Ledesma.

Enlace ao Podcast

O CPI Plurilingüe de Vedra participa nos obradoiros de Talento Mozo

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, e a de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, asistiron este martes ao obradoiro Talento Mozo 2023 que tivo lugar no CPI Plurilingüe de Vedra e co que a Xunta de Galicia procura dar visibilidade á creatividade, ao potencial e á innovación da xuventude galega.

Ver noticia completa

Escola de Familias - ANPA "A Boca": As necesidades educativas específicas"

Dentro do programa de Escola de Familias do CPI Plurilingüe de Vedra, a ANPA "A Boca"  organiza unha charla sobre "As necesidades educativas específicas". Na mesma participarán especialistas no tema: Beatriz Trigo (Orientadora do CPI Plurilingüe de Vedra), Laura Senra (Psicóloga) e Lorena Cotelo (Terapeuta ocupacional).

A charla terá lugar na Biblioteca Municipal de Vedra o martes 2 de maio de 2023 de 19:00 a 21:00 horas.

Cartel   

COLABORACION ENQUISA CONCELLO DE VEDRA

Dende a Concello de Vedra  solicitan a colaboración do CPI para a difusión para a  realización dunha

ENQUISA SOBRE AS NECESIDADES  E RECURSOS DE CONCILIACIÓN E CORRESPONSABILIDADE DO CONCELLO

"O Concello de Vedra  e a área de Igualdade municipal, como administración pública, ten o reto por diante de seguir a  facer o dereito á conciliación da vida persoal, familiar e profesional unha realidade.

Co obxectivo de saber neste intre  cales son as realidades e necesidades  no noso Concello, unha  primeira acción  a desenvolver é a realización e o envío dunha Enquisa para coñecer o grao de corresponsabilidade e a necesidade de conciliación das familias do Concello de Vedra.

Para isto,  solicitamos a súa colaboración  para que sexa cuberta polo maior número posible de persoas para que nos permita chegar a unha análise o máis adaptada a realidade.

Trátase dunha enquisa que estamos a realizar entre a cidadanía  do Concello de Vedra,  co obxecto de estudar , necesidades e recursos que existen no Concello de Vedra  para a  conciliación  e corresponsabilidade da vida persoal e laboral da cidadanía de Vedra, co fin de mellorar as políticas públicas nestes aspectos.

A partir dela elaborarase un estudo que se presentará no Concello de Vedra nunha xornada divulgativa e formativa no próximo mes de febreiro. Este estudo pretende  ser de utilidade para avanzar na xestión dos tempos e  calidade de vida da cidadanía do Concello de Vedra en materia de conciliación.

Por esa razón, incluímos a continuación a ligazón coa enquisa para que sexa cuberta polas familias. Os cuestionarios serán anonimos de maneira que o nome non aparecerá en ningún momento no estudo"

LIGAZÓN: https://docs.google.com/forms/d/1MDm3REBeA8ksSfyddTKDzS_s0qeZu8oD2lPQ0HKt43g/edit?ts=63c11aaa

(Encher o cuestionario require uns 15 minutos)

FELICITACION

O Equipo Educativo do CPI Plurilingüe de Vedra deséxalles unhas felices festas e os mellores desexos para o próximo ano 2023.

Distribuir contido


by Dr. Radut