Na vindeira semana están programadas unhas actividades dirixidas a Pais e Profesores que son de interese:
O Luns día 18 o Concello programa a primeira reunión de Escolas de Familias coa temática “ Habilidades Parentais,ou como mellorar como pais e nais”. (VER PROGRAMA)
Por outra parte o martes día 19 as 19 horas, o INTECO (Instituto Nacional de Tecnoloxías da Comunicación do Ministerio de Industria) imparte unha charla para promvoer a sociedade da información e formar as familias e ao profesorado sobre o uso seguro das tecnoloxías da información ( perigos para os rapaces de internet, redes sociais, acceso a contidos inapropiados,...).