Onte mércores, día 9 de xaneiro, o alumando de 5º de Educación Primaria visitaron durante a mañá as instalacións de Meteogalicia.
Durante a visita, na que contaron con explicacións detalladas do persoal do centro meteorolóxico, asisitiron ao lanzamento dun globo sonda, que finalmente caeu na provincia de pontevedra. Logo visitaron as instalacións: pantallas con mapas e a emisión dunha información meteorolóxica pola radio, video presentación sobre o tempo e o clima, e finalmente una presentación sobre os instrumentos de medición meteorolóxica.
A visita foi todo un éxito, axudado polo bo comportamento do alumnado en todo momento, nunhas instalacións e actividadades que así o demandan.
A continuación incluimos uns enlaces ás fotos e ao twitter de Meteogalicia onde sae a nova da nosa visita.
Ver fotos
Ver twitter Meteogalicia