Skip to Content

Radio na Biblio

Arrepíos e outros medos: gravación dos relatos gañadores

Os relatos gañadores do certame de microrrelatos Arrepíos e outros medos 21-22 son leídos polos seus autores para RadioVedra. Podes escoitalos na web de RadioVedra ou na nosa conta de Ivoox.

Xela Arias e o patrimonio inmaterial vedrense

A partires duns fragmentos do libro de Xela Arias Non te amola! a rapazada do cole pediron aos seus maiores que que contaran supersticións, lendas ou remedios caseiros da súa infancia. Colaborando dende 6º de Primaria ata 4º ESO, iste é o resultado.

 

Arrepíos e outros medos en RadioVedra

Os relatos gañadores do certame de microrrelatos Arrepíos e outros medos son leídos polos seus autores para RadioVedra. Podes escoitalos na web de RadioVedra ou na nosa conta de Ivoox.

Desexos para despois do confinamento

O alumnado de infantil e primaria do CPI Plurilingüe de Vedra conta os seus desexos para despois do confinamento.

 


 

Recomendacións do alumnado para pasar o tempo de lecer neste confinamento

Os departamento de galego e castelán propuxemos ao alumnado da ESO que nos contara con que se está divirtindo nesta etapa de confinamento. En RadioVedra tedes o resultado:

75 aniversario da liberación de Auschwitz

Co gallo do 75 aniversario da liberación do campo de concentración de Auschwitz, data coa que simbólicamente ponse fin aos horrores da Segunda Guerra Mundial, RadioVedra elabora un podcast no que lembra a efeméride. Buscaron a información, elaboraron o guión e puxeron as voces: Lorena Villaverde, Naiara González, Helea Vascuas, Noela Baltasar, Sara Lema, Gabriela Quintás, Xabier Rodríguez e Carla Pérez.

 

Audio dos relatos gañadores do concurso "Arrepíos e outros medos"

RadioVedra e RadionaBiblio ofrécenvos os relatos gañadores do certame organizado polo departamento de Dinamización Lingüística do CPI de Vedra "Arrepíos e outros medos".

 

 

Día de Neira Vilas

Celebración do alumando de CPI de Vedra do Día de Neira Vilas. Por un banda, todo o alumnado da ESO fai unha lectura continuada de varios textos de Memorias dun neno labrego. Por outra, o alumnado de 4º de Primaria lee varios poemas do autor. A lectura de Memorias dun neno labrego vai acompañada da canción do mesmo nome de Antonio Crego Martínez, que deu autorización para o seu uso. Os poemas levan o fondo musical das cancións de Suso Vaamonde, con autorización dos seus herdeiros.

 A continuación móstranse as ligazóns para escoitar a montaxe de todos os fragmentos lidos polo alumnado da ESO ("Lectura continuada..."), e tamén se ofrecen as lecturas individualizadas por curso. Por último, a montaxe da lectura dos poemas lidos polo alumnado de 4º de Primaria.

 

 

 

O CPI de Vedra gañador do Concurso de Podcast - Radio na biblio

CPI Plurilingüe de Vedra resultou gañador, no apartado de Educación Secundaria, do I Concurso de Podcast - Radio na Biblio con traballo titulado "Os xenerais", onde se recolle a experiencia de representar no centro o entroido tradicional da Ulla.

O podcast recolle o proceso de preparación do entroido, coa colaboración das familias contando a súa experiencia e ensinando ao alumnado o contexto e a historia deste particular entroido. O alumnado foi quen de grabar testimonios, facelo guión, facer e grabar as locucións e editar o arquivo sonoro, e mesmo preparouse e grabouse un tema tradicional para engadir ao podcast como música de fondo.

O premio consiste nunha visita as instalacións da Radio Galega e nunha dotación económica de 1000€ para mellorar o laboratorio de radio do centro. Asimesmo os podcasts premiados serán difundidos pola Radio Galega a través das súas páxinas www.diariocultural.gal e www.radiogalega.gal; así mesmo, serán difundidos a través dos medios web da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional (Bibliotecas Escolares de Galicia e outros). 

 

Ligazón ao podcast: https://drive.google.com/file/d/1H4CeyN2XlsAQLOM3-wC43RjMnbxto2Nf/view?usp=sharing

 

Relación do alumnado participante:

Apartado técnico (grabación e edición) Asier Cabo Lodeiro e André Parra  Rodríguez
Locutoras/es Laura de Castro Edreira, Martín Garrido Areán, Lucía Rivas Eirís e Teresa Tato Cabaleiro
Música Martín Botana Castro, Gabriel Silva Fernández, Pedro Sixto Reimúndez
Guión Laura de Castro Edreira, Lucía Rivas Eirís e Teresa Tato Cabaleiro
Grabación a familiares Daniela Garaboa López e Ainara Gómez Gamás

Relación do profesorado participante:

Coordinación Marcos Taracido Trunk
Organización do proxecto Vedra Medra Xulia Marqués Valea
Coordinación do apartado musical Publio Guede García
Na organización do entroido participou todo o claustro do centro

 

 

Entrevista a Xosé Ramón Chas

O alumnado de 3ºB (Primaria) entrevistou a Xosé Ramón Chas, encargado da biblioteca municipal de Vedra: na web de RadioVedra ou directamente en Entrevista a Xosé Ramón Chas.

Distribuir contido


by Dr. Radut