O CPI de Vedra gañador do Concurso de Podcast - Radio na biblio
O CPI Plurilingüe de Vedra resultou gañador, no apartado de Educación Secundaria, do I Concurso de Podcast - Radio na Biblio con traballo titulado "Os xenerais", onde se recolle a experiencia de representar no centro o entroido tradicional da Ulla.
O podcast recolle o proceso de preparación do entroido, coa colaboración das familias contando a súa experiencia e ensinando ao alumnado o contexto e a historia deste particular entroido. O alumnado foi quen de grabar testimonios, facelo guión, facer e grabar as locucións e editar o arquivo sonoro, e mesmo preparouse e grabouse un tema tradicional para engadir ao podcast como música de fondo.
O premio consiste nunha visita as instalacións da Radio Galega e nunha dotación económica de 1000€ para mellorar o laboratorio de radio do centro. Asimesmo os podcasts premiados serán difundidos pola Radio Galega a través das súas páxinas www.diariocultural.gal e www.radiogalega.gal; así mesmo, serán difundidos a través dos medios web da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional (Bibliotecas Escolares de Galicia e outros).
Ligazón ao podcast: https://drive.google.com/file/d/1H4CeyN2XlsAQLOM3-wC43RjMnbxto2Nf/view?usp=sharing
Relación do alumnado participante:
Apartado técnico (grabación e edición) | Asier Cabo Lodeiro e André Parra Rodríguez |
Locutoras/es | Laura de Castro Edreira, Martín Garrido Areán, Lucía Rivas Eirís e Teresa Tato Cabaleiro |
Música | Martín Botana Castro, Gabriel Silva Fernández, Pedro Sixto Reimúndez |
Guión | Laura de Castro Edreira, Lucía Rivas Eirís e Teresa Tato Cabaleiro |
Grabación a familiares | Daniela Garaboa López e Ainara Gómez Gamás |
Relación do profesorado participante:
Coordinación | Marcos Taracido Trunk |
Organización do proxecto Vedra Medra | Xulia Marqués Valea |
Coordinación do apartado musical | Publio Guede García |
Na organización do entroido participou todo o claustro do centro |