Skip to Content

Profesional

Charla sobre o TDAH para o profesorado

O profesorado do centro asistiu no día de onte, xoves 12 de marzo, a unha charla sobr o TDAH (Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividade), impartido no CPI por psicólogas representantes da Asociación Compostelá de Nenos e Nenas Hiperactivos (ACNH). Na mesma analizáronse síntomas, pautas de traballo na aula e seguimento coas familias deste problema que afecta de maneira significativa a aprendizaxe dun bo número de nenos e nenas

Charlas INTECO

19/02/2013 19:00
19/02/2013 20:00
Etc/GMT+1

Charlas de INTECO sobre os riscos de internet e a importancia das Tecnoloxías da Información, dirixidas a pais e profesores.

Importante: ACTIVIDADES PARA PAIS E PROFESORES

Na vindeira semana están programadas unhas actividades dirixidas a Pais e Profesores que son de interese:

O Luns día 18 o Concello programa a primeira reunión de Escolas de Familias coa temática “ Habilidades Parentais,ou como mellorar como pais e nais”. (VER PROGRAMA)

Por outra parte o martes día 19 as 19 horas, o INTECO (Instituto Nacional de Tecnoloxías da Comunicación  do Ministerio de Industria) imparte unha charla para promvoer a sociedade da información e formar as familias e ao profesorado sobre o uso seguro das tecnoloxías da información ( perigos para os rapaces de internet, redes sociais, acceso a contidos inapropiados,...).

Distribuir contido


by Dr. Radut