A partir do luns 13 a ANPA A Boca organiza unha nova actividade moi especial: un obradoiro para nais/pais cos seus fillos e fillas (Ed. Infantil e Primaria DE 5 A 8 anos), no que aprender a xestionar a frustración.
Son 3 sesións de 1 hora de duración, os luns 13, 20 e 27 de novembro ás 18 h. na Biblioteca Municipal, que serán impartidos pola psicóloga experta neste eido Mª Carmen González Hermo.
A sesión do luns 13 irá dirixida únicamente aos pais e nais, polo que A ANPA ofrece un servizo de conciliación.
As sesións dos luns 20 e 27 serán de traballo compartido cos nenos e nenas.
Máis información no programa anexo.
Inscrición en https://i.gal/escolafamiliasnov2