Skip to Content

CC. Naturais/Bioloxía, Aula de Informática, Vídeos

Programación Didáctica do Departamento 22-23

Aquí tendes, no ficheiro adxunto a Programación Didáctica do Departamento; tamén a información básica dos cursos ademáis dun anexo cos contidos mínimos.

Modificación da avaliación da ESO

Adxúntase modificación da avaliación da ESO segundo establece a Orde do 25 de xaneiro de 2022.

Programación Didáctica do Departamento CCNN 20-21

Aquí tendes, no ficheiro adxunto a Programación Didáctica do Departamento; tamén a información básico dos cursos ademáis dun anexo cos contidos mínimos.

VÍDEO: Subida ao Monte Pindo co alumnado de 4º ESO

Planet Earth II: Official Extended Trailer - BBC Earth

Hai unha década, a serie documental "Planet Earth" (Planeta Terra) da BBC revolucionó o sector dos documentales de naturaleza, dándonos o retrato definitivo sobre a vida na Terra.

A segunda parte, Planet Earth II, narrada por Sir David Attenborough, revelará o noso planeta desde unha perspectiva completamente nova, utilizando avances significativos tanto nas técnicas cinematográficas de filmación como no noso coñecemento do mundo natural.

Aquí vos deixo o trailer:

Información Básica da PROGRAMACIÓN do Departamento de Ciencias Naturais (Curso 2017-2018)

No documento adxunto (ou premendo na imaxe) podes DESCARGAR e consultar a INFORMACIÓN BÁSICA da PROGRAMACIÓN do Departamento de Ciencias Naturais, que inclúe os seguintes apartados:

1. PROCEDEMENTOS DE AVALIACIÓN DA APRENDIZAXE 

1.1. Instrumentos de avaliación.

1.2. Criterios de cualificación. 

1.3. Proba final extraordinaria de setembro. 

2.RECUPERACIÓN E AVALIACIÓN DAS MATERIAS PENDENTES

2.1.Actividades de seguimento e recuperación das materias pendentes.

2.2. Procedemento para a avaliación e a cualificación das materias pendentes.

3. PROGRAMACIÓNS de cada curso: Obxectivos, Contidos, Criterios de avaliación, Estándares de aprendizaxe e Mínimos esixibles.

4º ESO: Temáticas sobre "Enxeñería Xenética" para os post do Blogue e ACTIVIDADES

ARTIGOS (Posts) para o BLOGUE CLIMÁNTICA sobre a Unidade 4: A ENXEÑERÍA XENÉTICA:

Preparade un pequeno texto, dúas imaxes e dúas ou tres ligazóns (hipervínculos) sobre estas temáticas, sobre as que tedes información no libro de texto e no GUIÓN DA UNIDADE:

- A clonación de mamíferos

- Aplicacións en farmacoloxía: obtención de medicamentos

- Aplicacións en medicina: Terapia xénica

- Aplicacións en medicina: Diagnóstico clínico

- Aplicacións en medicina forense: A pegada xenética

- Aplicacóns en agricultura: plantas transxénicas

- Aplicacións en ganadería: animais tranxénicos

- Aplicacións no medio ambiente: biorremediación

- Aplicacións no medio ambiente: recuperación de especies en perigo de extinción

Accede ao BLOGUE CLIMÁNTICA de Bioloxía e Xeoloxía do CPI de Vedra premendo AQUÍ.

ACTIVIDADES DO LIBRO DE TEXTO
para preparar o exame:

- Pax. 86: 1-2-3

- Pax.88: 1-2-3-5

- Pax. 90: 1-3-4

- Pax. 93: 6-7

- Pax 96-97: 1-3-4-5-6-7-8-9

 

4º ESO. Actividades da Unidade 4: A Enxeñería Xenética

UNIDADE 4: A Enxeñería Xenética.

Podes consultar e descargar o GUIÓN DESTA UNIDADE na parte inferior deste post (1 adxunto) ou premendo aquí: DESCARGAR GUIÓN.

ACTIVIDADES: Accede á seguinte ligazón: Biotecnoloxía e Enxeñería Xenética en Cide@d e fai o seguinte:

1) Consulta todos os "Contidos" no menú superior. Podes moverte por eles empregando as frechas da parte inferior dereita ou navegar ou mediante o ÍNDICE da parte esquerda.

Unidade_Enxeñería Xenética_Cide@d

2) Fai despois os "Exercicios", premendo no menú superior e cando os remates, fai a "Autoavaliación".

3) Para rematar, preme no menú superior "Para saber màis" e amplía información no Enlace 3 (sobre Clonación) e no Enlace 4 (sobre Organismos Transxénicos).

 

MATERIAIS DIDACTICOS de 4º ESO: A célula

UNIDADE 1: Materiais didácticos

Podes descargar nos arquivos adxuntos os seguintes materais:

1) Imaxe: O tamaño das células. Segue a seguinte ligazón para ver unha animación "flash" sobre o tamaño das células (unha vez aberto o navegador, preme en "Start the animation...").

2) Imaxe: Experimentos de Redi e Pasteur sobre xeración espontánea.

3) Imaxe: Replicación dun virus bacteriófago.

4) Comentario de texto: "Os virus, unha excepción".

VIDEO.- "Os virus" (complemento de comentario de texto):

Fonte: Canal de videos de Ciencias Naturais do IES Suel de Fuengirola (Málaga)

10 características sorprendentes dalgúns animais

Interesante artigo de divulgación científica sobre adaptacións e comportamentos curiosos no reino animal:

http://www.bbc.co.uk/mundo/noticias/2015/04/150414_vert_rasgos_ridiculos_animales_ac?ocid=socialflow_twitter

Mono

Distribuir contido


by Dr. Radut