Skip to Content

CC. Naturais/Bioloxía, Aula de Informática, Vídeos

3º ESO: Actividades sobre ALIMENTACIÓN e NUTRICIÓN

Descarga o documento PDF adxunto premendo AQUÍ, gárdao no escritorio para poder acceder a el cando o precises e segue as indicacións e ligazóns sobre CALCULADORAS E TÁBOAS NUTRICIONAIS e ADITIVOS ALIMENTARIOS que aparecen nel. Segue tamén as indicacións do profesor.

INSTRUCIÓNS sobre como presentar o traballo sobre aditivos: preme AQUÍ ou descarga o documento adxunto.

Web sobre aditivos alimentarios

Preguntas e respostas sobre o virus do Ébola

Recoméndovos este artigo do BLOG de Principia Marsupia (Alberto Sicilia): dun xeito claro e sintetico repasa varias FAQ´s imprescindibles para un achegamento ao virus Ébola, o Filovirus causante da Febre hemorráxica do Ébola.

Tedes outro artigo divulgativo básico en "Diez cosas que hay que saber sobre el virus del ébola" (infoLibre).

E podedes atopar información científica sobre o Ébolavirus PREMENDO AQUÍ.

Infección dunha célula por virus Ébola

Imaxe: Nesta imaxe de microscópico electrónico podedes observar virus de ébola (en azul) medrando desde unha célula infectada (en amarelo). Fonte: Principa Marsupia

Percebeiros (Sea Bites) 1280x720 con subtítulos en castelán

Curta Documental dirixida por David Beriain sobre a historia de Serxio Ces, percebeiro de Cedeira, Galicia.
Preseleccionada para os Premios Goya 2012.

Sinopse:
Ruxe o vento. O mar golpea os acantilados. Dous metros de rocha, isa é a franxa de auga e osíxeno na que medra o percebe. Dous metros onde o mar ensáñase, onde bate con forza milenaria. Unha fronteira de ondas e escuma na que Serxio e os seus compañeiros loitan por un bocado de mar.

Percebeiros (Sea Bites) 1280x720 from enpiedeguerra on Vimeo.

3º ESO: Actividades sobre drogas e drogodependencias

UNIDADE 4: A función de relación

UNIDADES 6 e 7 / 2º ESO: Actividades interactivas

3º ESO: Instrucións para os TRABALLOS sobre “A saúde e a función de nutrición”

UNIDADE 3: A función de nutrición

Tedes que elaborar unha presentación sobre algunha das enfermidades máis frecuentes que aparecen na pax. 65 do libro de texto. Podedes elixir tamén calquera outra que vos interese, sempre que teña relación con algúns dos aparatos e sistemas da función de nutrición.

Enfermidades Función de Nutrición

O traballo debe incluir os seguintes apartados (como mínimo unha diapositiva para cada un deles):

 1)      Definición.

 2)      Causas.

 3)      Sintomas.

 4)      Tratamento.

 5)      Medidas de prevención ou hábitos saudables para evitala.

 6)      Outros datos de interese sobre a enfermidade  (historia, curiosidades, algo que chame a atención, etc…)

CONSELLOS: Non incluir moito texto (resumir o máis posible) e acompañar cada apartado con imaxes que aporten información ou sexan relevantes.

Fontes de documentación

Diccionario de medicina: http://dicciomed.eusal.es/

Enciclopedias médicas:
http://www.nlm.nih.gov/medlineplus/spanish/medlineplus.html
http://www.webconsultas.com/salud-al-dia

Clasificación de enfermidades: http://es.wikipedia.org/wiki/CIE-10

Wikipedias: (introducir na caixa de búsca o nome da enfermidade):
http://es.wikipedia.org
http://gl.wikipedia.org

PODEDES DESCARGAR este documento en formato PDF na parte inferior deste post ou PREMENDO AQUÍ.

 

 

 

2º ESO: Actividades sobre "Os ecosistemas"

UNIDADE 5: Os Ecosistemas

ACTIVIDADES INTERACTIVAS

1) Accede a seguinte ligazón e fai as actividades:

 Actividades interactivas sobre OS ECOSISTEMAS do IES Suel.

2) Fai tamén as actividades sobre a unidade 5 en ANAYA DIGITAL.

ASÍ FOI A VISITA DO DR. ÁNGEL CARRACEDO AO CPI DE VEDRA

O CPI Plurilingüe de Vedra recibiu hoxe venres a visita do recoñecido doutor, experto en xenética e medicina legal e forense, D. Ángel Carracedo Álvarez, como primeiro dos actos organizados pola ANPA do centro dentro dos II Encontros da Comunidade Educativa que se celebra este fin de semana. O motivo da mesma foi manter un encontro co alumnado de Secundaria que dedicou as últimas semanas a preparar  a visita e elaborar  documentación para a paxina web do centro e o blogue do Departamento de Ciencias Naturais.

A primeiras horas da mañá foi recibido polo Equipo Directivo, que o acompañou nunha breve visita ao centro educativo, para posteriormente trasladarse ao salón de actos á Casa da Terceira Idade de Vedra, onde tivo lugar o acto principal.

O director do CPI, José Viaño, abriu o acto dando a benvida e agradecendo aos promotores da actividade a consecución da mesma. De seguido tomaron a palabra Ramón Lago, en nome da directiva da ANPA e o alcalde do Vedra, Carlos Carrillo.

A continuación, dúas alumnas do grupo de Bioloxía, de 4º de ESO, fixeron unha reseña biográfica de Ángel Carracedo repasando os seus méritos e cargos desempeñados na súa dilatada carreira.

Como parte principal acto, o doutor Carracedo mantivo un encontro co alumnado de ESO, no que repasou os distintos campos nos que traballan os grupos de investigadores que dirixe, e fixo un experimento de extracción de ADN dos chícharos, que foi toda unha sorpresa para o alumnado. Na última parte da charla, referiuse máis directamente aos casos de medicina forense nos que ten traballado, e rematou cun interesante turno de preguntas, nos que se puxo de manifesto a importancia da labor divulgativa no campo científico que o prestixioso investigador ben desempeñando.

Toda a comunidade educativa mostrou a súa satisfacción polo enorme interese espertado  pola visita e o bo desenvolvemento da mesma.

MATERIAIS DIDÁCTICOS de 4º ESO: A información xenética

 

UNIDADE 2: Materiais didácticos

Podes descargar (na parte inferior da páxina) os seguintes arquivos PDF:

1) Diferenzas entre ADN e ARN e entre MITOSE e MEIOSE

2) Documentación gráfica sobre CROMOSOMAS e CARIOTIPO

3) Ligazóns e información complementaria sobre CARIOTIPO, CROMATINA e CROMOSOMAS

4) Imaxe de cariotipo humano con trisomía 21

VÍDEOS:

Fonte dos vídeos: Canal de videos de Ciencias Naturais do IES Suel de Fuengirola (Málaga)

1) O ADN: introdución, historia, estructura e localización do ADN.

2) Funcións do ADN: síntese de proteínas e replicación.

3) Síntese de proteínas: a transcrición do ADN

4) Síntese de proteínas: a tradución

UNIDADE 8 / 2º ESO: Actividades interactivas

ACTIVIDADES sobre "Un universo de materia e enerxía":

- A composición e clasificación da materia.

- Táboa periódica dos elementos.

- Nomenclatura e formulación química.

Descarga o arquivo adxunto (documento PDF) e segue as ligazóns que se indican.

Distribuir contido