O Concello de Vedra atópase ao sur de Santiago, á beira do Ulla, no límite entre as provincias de A Coruña e Pontevedra. A Nacional 525, de Santiago a Ourense, atravesa o termo polas parroquias de Sales e Santa Cruz de Rivadulla. En Lestedo (Boqueixón), a 12 kilómetros de Santiago pola citada carretera, sae outra en dirección a Santa Baia de Vedra, que pasa ós 3 kilómetros pola Avenida do Mestre Manuel Gómez, onde se localiza a capital municipal e o C.P.I. de Vedra
Ver mapa
Outra importante vía de comunicación, que cruza a zona meridional do municipio paralela á Ulla, é a LC-241, de Arzúa a Padrón, no seu tramo de Ponte Ulla a Ponte Vea. Nesta última localidade empalma coa C-451 de Santiago a A Estrada. A línea de ferrocarril Santiago-Ourense ten a estación de Ribadulla-Vedra cerca da N-525 e nas proximidades de Ponte Ulla.
Nestas terras, de 51,1 kilómetros cadrados de superficie, disemínase unha poboación de 5.156 habitantes sen apenas ninguhna concentración urbana importante, o que lle da unha densidade de 100,1 habitantes por kilómetro cadrado.
Se quere máis información sobre o noso concello pode visitar a súa páxina web: www.concellodevedra.com