Dende a Concello de Vedra solicitan a colaboración do CPI para a difusión para a realización dunha
ENQUISA SOBRE AS NECESIDADES E RECURSOS DE CONCILIACIÓN E CORRESPONSABILIDADE DO CONCELLO
"O Concello de Vedra e a área de Igualdade municipal, como administración pública, ten o reto por diante de seguir a facer o dereito á conciliación da vida persoal, familiar e profesional unha realidade.
Co obxectivo de saber neste intre cales son as realidades e necesidades no noso Concello, unha primeira acción a desenvolver é a realización e o envío dunha Enquisa para coñecer o grao de corresponsabilidade e a necesidade de conciliación das familias do Concello de Vedra.
Para isto, solicitamos a súa colaboración para que sexa cuberta polo maior número posible de persoas para que nos permita chegar a unha análise o máis adaptada a realidade.
Trátase dunha enquisa que estamos a realizar entre a cidadanía do Concello de Vedra, co obxecto de estudar , necesidades e recursos que existen no Concello de Vedra para a conciliación e corresponsabilidade da vida persoal e laboral da cidadanía de Vedra, co fin de mellorar as políticas públicas nestes aspectos.
A partir dela elaborarase un estudo que se presentará no Concello de Vedra nunha xornada divulgativa e formativa no próximo mes de febreiro. Este estudo pretende ser de utilidade para avanzar na xestión dos tempos e calidade de vida da cidadanía do Concello de Vedra en materia de conciliación.
Por esa razón, incluímos a continuación a ligazón coa enquisa para que sexa cuberta polas familias. Os cuestionarios serán anonimos de maneira que o nome non aparecerá en ningún momento no estudo"
LIGAZÓN: https://docs.google.com/forms/d/1MDm3REBeA8ksSfyddTKDzS_s0qeZu8oD2lPQ0HKt43g/edit?ts=63c11aaa
(Encher o cuestionario require uns 15 minutos)