Skip to Content

CC. Naturais/Bioloxía, Aula de Informática, Vídeos

Artigos sobre Gregor Mendel no Blogue CLIMANTICA

O alumnado de Bioloxía e Xeoloxía de 4º ESO publicou varios artigos sobre Gregor Mendel, o chamado pai da Xenética e autor das chamadas "Leis de Mendel". Preme AQUÍ para ver os artigos.

3º ESO: Actividades interactivas sobre alimentación e nutrición

UNIDADE 2: A alimentación e a nutrición

1) Accede a seguinte ligazón e fai as actividades desde a 1 ata a 18 (Importante: non fai falta que fagas as actividades 4, 14 e 16):

Actividades interactivas sobre ALIMENTACIÓN E NUTRICIÓN (segue as instrucións do profesor).

4º ESO: Presentacións sobre Mitose e Meiose

UNIDADE 2: A información xenética

6.1 A MITOSE: As etapas da mitose (división do núcleo)Mitose (en galego)

7.2 A MEIOSE: é un mecanismo de división celular polo que se obteñen células haploides (n). É necesaria para manter constante o número de cromosomas nas especies con reprodución sexual. (podes descargar aquí un documento PDF cos contidos da presentación ou na parte inferior, en "adxuntos").


4º ESO: Actividades sobre "A información xenética"

UNIDADE 2: A información xenética

1) Accede a seguinte ligazón e fai as actividades desde a 1 á 21:

Actividades interactivas sobre XENÉTICA MOLECULAR do IES Suel

2) Accede a esta outra: A HERDANZA BIOLÓXICA e despois de consultar as presentacións, fai as actividades 1, 2 e 3.

3) Fai tamén estas actividades sobre REPRODUCIÓN CELULAR.

4) AMPLÍA INFORMACIÓN: Segue as ligazons sobre Xenética que atoparás nos documentos PDF adxuntos (DESCÁRGAOS na parte inferior deste post e segue as indicacións do profesor):

a) Ligazóns en Galipedia sobre CROMOSOMAS, CROMATINA e CARIOTIPO

b) Ligazóns con webs interesantes sobre XENÉTICA

What A Wonderful World With David Attenborough -- BBC One

Un excelente trailer do documental da BBC "What A Wonderful World" de David Attenborough.

4º ESO: Actividades sobre "A orixe da vida e a súa evolución"

Unidade 5: A orixe da vida e a súa evolución (preme na seguinte ligazón):

Actividades interactivas sobre Evolución: fai as seguintes actividades:

- Introducción ás teorías evolutivas: nº1

- Teorías evolutivas: nº 10 (consultar a presentación antes de contestar o test de 25 preguntas) e nº 11.

- A orixe da vida: nº 23 (inclúe o vídeo "Como empezo a vida?" na diapositiva nº 20, que é importante ver), 25 e 26 (tamén cunha ligazón co video "Como empezo a vida?"). 

 - Mecanismos evolutivos e formación de novas especies: nº 12-13-14-15-16.

- As probas da evolución:nº 2 (non é imprescindible ver os 8 vídeos que aparecen nas diapositivas 28 e posteriores da presentación en PowerPoint, pero recoméndovolos, pois son moi interesantes...) e  nº 3-4-6-8-9.

- A evolución humana: Facer as actividades nº 17-18-19-20-21 e 22 (segue as indicacións do profesor)

FONTE: Actividades interactivas do IES Suel de Fuengirola (Málaga)

4º ESO: Temáticas sobre Evolución para os post do Blogue CLIMÁNTICA

ARTIGOS (Posts) no BLOGUE CLIMÁNTICA sobre EVOLUCIÓN:

Elaborade un artigo sobre as temáticas tratadas na unidade 5 (Evolución dos seres vivos).

Algúns dos temas que vos suxiro para os "posts" son:

  • Hipóteses sobre a orixe da vida (en xeral ou ben centrándose nalgún aspecto concreto ou chamativo dalgunha delas).
  • Referencias biográficas de Darwin, a sociedade na época de Darwin...
  • A viaxe do Beagle (en xeral ou algunha anécdota ou feito curioso ou chamativo).
  • A adaptación ó medio e a evolución (en xeral ou algún exemplo concreto de adaptación que sexa chamativo ou curioso...).
  • A biodiversidade (importancia de conservar a biodiversidade, algún exemplo de amenazas á diversidade...).
  • Relación entre a clasificación dos seres vivos (os cinco Reinos) e á evolución.
  • Exemplos de especies importantes nos estudios da evolución (elos perdidos e fósiles vivientes): o archaeopteryx, o celacanto, o okapi, os peixes pulmonados, os fentos arborescentes, a árbore "Ginkgo biloba"...
  • Que son os "elos perdidos" na evolución dos homínidos?
  • Onde e cando apareceu a especie humana (Homo sapiens)?
  • Cal vai ser o futuro da evolución da especie humana?

Buscade información consultando as ligazóns "Ciencia para todos" e "Blogues científicos" que tedes nos menús da dereita do noso BLOGUE CLIMÁNTICA, ou en outras páxinas web sobre evolución que atopedes, e non só en WIKIPEDIA ou GALIPEDIA.

Accede ao BLOGUE CLIMÁNTICA de Bioloxía e Xeoloxía do CPI de Vedra premendo AQUÍ.

Planeta Humano (Human Planet, trailer- BBC)

Non volo perdades!: Impresionantes imaxes no trailer da serie documental "Human Planet" da BBC sobre paisaxes e a relación da especie humana coa natureza. Todo un alegato na defensa do Planeta Terra e da súa diversidade étnica e cultural. Contén un flash sobre @s pecebeir@s da Costa da Morte (aproximadamente nos 2'13''), sobre cuxa actividade podes ver outro excelente documental PREMENDO AQUÍ.

 

Materiais didácticos de 4º ESO: A xenética e o ser humano

UNIDADE 4: Materiais didácticos

Podes descargar nos arquivos adxuntos os seguintes arquivos PDF:

1) Guión da unidade

2) Gráfico 01: mapa cromosómico humano e as enfermidades hereditarias

3) Gráfico 03: Producción dun organismo transxénico

4) Comentario de texto 04: Biotecnoloxía e medio ambiente

Blogue CLIMÁNTICA de Bioloxía e Xeoloxía

Preme AQUÍ para acceder a Blogue CLIMÁNTICA de Bioloxía e Xeoloxía do CPI de Vedra.

Banner Climántica

Distribuir contido


by Dr. Radut