Skip to Content

NOVAS

REUNIÓN TITORÍA FAMILIAS 1º PRIMARIA

AVISO PARA AS FAMILIAS de 1º de Primaria: Convócase con urxencia unha reunión coas profesoras do 1º curso de Primaria para este vindeiro MARTES DÍA 8 DE SETEMBRO ÁS 10 HORAS. Debido á actual situación realizarase baixo as seguintes premisas:

  • SÓ PODERÁ ASISTIR UN DOS PROXENITORES.
  • REALIZARASE NO PATIO CUBERTO DA ENTRADA.
  • DEBERÁN VIR CON MÁSCARA E GARDAR A DISTANCIA DE SEGURIDADE.
  • NON TRAER OS NENOS.

Agradecemos a colaboración.

Grazas.

Publicación das notas da avaliación extraordinaria de setembro

As notas da avaliación extraordinaria de setembro serán publicadas durante a mañá do venres 4 a través da aplicación Abalar Móbil.

Se alguén tivera problemas para acceder á aplicación, pode chamar ao centro para informarse da nota.

TELEFONO DE CONTACTO DURANTE O MES DE AGOSTO

Con motivo das vacacións do persoal do centro, durante o mes de agosto, para calquera urxencia, poderán contactar no teléfono 696454033.

 

IMPORTANTE PARA AS FAMILIAS - INSTRUCIÓNS 3ª AVALIACIÓN

IMPORTANTE - INSTRUCIÓNS 3ª AVALIACIÓN

Logo da publicación das Instrucións do 27 de abril de 2020,  da Dirección Xeral de Educación, FP e Inn. Educ. da Consellería de Educación, para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso 2109-20, publicamos un documento coa adaptación das mesmas á realidade do CPI de Vedra,  para o coñecemento da comunidade educativa.

 

 Instrucións familias

 

RECOMENDACIÓNS PARA O ALUMNADO - TELETRABALLO - 3ª AVALIACIÓN

RECOMENDACIÓNS PARA O ALUMNADO

TELETRABALLO - 3ª AVALIACIÓN

Nos seguintes enlaces pódense consultar as recomendacións para o alumnado referidas á organización  do teletraballo do 3º trimestre: plataformas, consellos, tarefas, comunicación co profesorado, ...

Esta información foi remitida por correo electrónico a todo o alumnado que ten conta do dominio cpivedra.com.

PRIMARIA

 

SECUNDARIA

 

Mércores 30 de outubro: MAGOSTO - SAMAÍN - CARREIRA SOLIDARIA "A volta ao cole"

O vindeiro MÉRCORES 30 DE OUTUBRO, se o tempo o permite, celebraremos o tradicional MAGOSTO no centro, con proba de castañas e xogos tradicionais.

Aproveitando esta xornada tamén celebraremos o “SAMAÍN” e participaremos na “IX EDICIÓN DA VOLTA AO COLE”.

Para coñecer todo o programa abrir os seguintes enlaces. 

 

                               PROGRAMA COMPLETO

                               

                                CARTEL "SAMAWEEN"

XUNTANZA XERAL DE NAIS E PAIS

Como en anos anteriores, convocamos a XUNTANZA XERAL DE NAIS E PAIS para o vindeiro MARTES DÍA 24 DE SETEMBRO DE 2024 ás 17:30 horas, no local do Centro Sociocultural de Vedra, próximo ao colexio. Na mesma falarase de temas organizativos xerais do centro.

As xuntanzas por titorías terán lugar na correspondente aula do centro, segundo o seguinte calendario:

1º Primaria: Martes, 24 de setembro ás 16:20 h.

2º Primaria: Martes, 1 de outubro ás 16:30 h.

3º primaria: Martes, 1 de outubro ás 16:20 h.

4º primaria: Martes, 1 de outubro ás 16:20 h.

5º primaria: Martes, 24 de setembro ás 18:30 h.

6º primaria: Martes, 24 de setembro ás 16:00 h.

Todos os cursos de ESO: Martes, 24 de setembro ás 18:30 h.

 

COMEZO DE CURSO

Mañá mércores, día 11 de Setembro, dan comezo as clases en todas as etapas. O horario de entrada será o habitual, ás 9:00 h., funcionando o transporte e comedor con normalidade (agás 4º de Infantil). O titores agardarán ao alumnado dos seus grupos para logo acceder seguindo os chamamentos.

Premio no VII Concurso de microrrelatos da Real Academia Galega e Puntogal

A alumna de 4º ESO Paula García Villar ven de obter premio coma finalista no VII Concurso de microrrelatos da Real Academia Galega e Puntogal. A noticia completa: Seis rapaces da Coruña, Lugo, Santiago de Compostela, Cambre e Castrelo de Miño gañan o VII Concurso de microrrelatos

SOLICITUDE SERVIZOS DE COMEDOR E TRANSPORTE - CURSO 2024/25

SOLICITUDE SERVIZOS DE COMEDOR E TRANSPORTE - 2024/25

Todo o alumnado actual do centro debe facer a solicitude dos servizos de comedor e transporte para o vindeiro curso 2024/25.

Nesta semana enviamos o impreso da solicitude polo alumnado e deberá ser cuberto e remitido antes do 24 de maio de 2024Debe entregarse en secretaría directamente ou a través dos/as titores/as dos grupos.

O impreso tamén está dispoñible no fondo desta nova, como formulario autocompletable e imprimible, por se perderan o remitido polos nenos/as. O impreso debe remitirse asinado en papel ou por correo electrónico con sinatura dixital.

Para calquera dúbida poden poñerse en contacto co centro nos teléfonos habituais ou por correo electrónico.

VER IMPRESO 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut