O CPI DE VEDRA PARTICIPA NO PROGRAMA RECUPÉRA-T (ARCO E PROA+)
O noso centro foi seleccionado para levar adiante o Contrato Programa RECUPÉRA-T que inclúe os Programas de Exito Educativo ARCO (4º/5º de Primaria), de outubro a decembro, e PROA+ (4º ESO) durante todo o curso, co obxecto de favorecer a orientación e o reforzo para o avance e apoio na educación durante este curso académico 2021-22.
Neste programa, que conta con financiamento do FSE (Fondo Social Europeo), participarán arredor de 25 alumnos/as que contarán co apoio e reforzo de novo profesorado específico para este proxecto.