Skip to Content

Actividades

O delegado territorial da Xunta visita o CPI de Vedra

O delegado territorial da Xunta na Coruña visita o CPI de Vedra

O CPI de Vedra é un dos 139 centros educativos que forman parte este 2021-22 do programa “Vexo, veo Xacobeo”, promovido desde a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo.

Vedra medra foi admitido neste programa de innovación  educativa e multidisciplinar co que se pretende achegar o significado e os valores do Camiño de Santiago ao alumnado de infantil e primeiro ciclo de primaria desde a contorna social e cultural ullá.

Con tal motivo, e para recoñecer a nosa participación, hoxe estivo no centro o delegado territorial da Xunta de Galicia na Coruña, Gonzalo Trenor, acompañado da inspectora Mª Beatriz Plana Galán, da xefa territorial de vicepresidencia María Barreiro Lázare, da responsable de xestión do Xacobeo M.ª Luísa Redondo e do alcalde do Concello de Vedra, Carlos Martínez. Todos compartiron co alumnado de educación infantil e as súas mestras a actuación dun contacontos.

Velaquí o que deu de si a xornada en imaxes….

Xulia Marqués

 Coordinadora do EDLG e de Vedra medra

VER TODAS AS FOTOS

ACTOS DÍA DE ROSALÍA

Con motivo da celebración do Día de Rosalía, o vindeiro mércores día 23 de febreiro organízase no centro un acto de conmemoración coa colaboración do Concello de Vedra. O acto tamén se enmarca nas actividades arredor da Camelia.

Achegamos cartaz do acto. 

 

 

 

Comezamos a Escola de menciñeiros

Aquí vos presentamos a primeira actividade de “Escola de menciñeiros”, sección que abrimos este curso en Vedra medra e coa que queremos recordar a importancia que ten o coñecemento ancestral das plantas silvestres con propiedades curativas para as comunidades rurais.

Hoxe estivo connosco Pura Seoane, veciña e ademais posuidora dunha elevada capacidade de manexo dos recursos naturais e dun extenso coñecemento fitoterapéutico da flora autóctona.

O alumnado de 3.º da ESO acompañouna nunha ruta guiada polos arredores do centro para comezar coa identificación das distintas especies, primeira sesión desta particular aula de aprendizaxe. Na seguinte seguiremos co rexistro da tradición oral asociada e o protagonismo cederémosllelo daquela aos nosos maiores.

Album de fotos

Xulia Marqués

Coordinadora do EDLG e de Vedra medra

 

 

 

Obradoiro sobre mulleres científicas no CPI de Vedra

Con ocasión da celebración do Mes da Ciencia en Galego, desenvolveuse no centro, a iniciativa do EDLG, o Obradoiro sobre mulleres científicas Isabel Zendal- Ánxeles Alvariño.

O alumnado de 2.º de ESO participou activamente neste taller divulgativo centrado nas determinantes contribucións que estas dúas mulleres achegaron ao ámbito científico.

Este é un resumo do obradoiro en imaxes.

Gañadores do certame de microrrelatos "Arrepíos e outros medos"

En documento adxunto figuran os gañadores do certame de microrrelatos "Arrepíos e outros medos". Parabéns a todas e todos!

Arrepíos e outros medos

Convócase de novo o concurso de microrrelatos Arrepíos e outros medos. Premendo nos carteis podedes acceder ás bases para Primaria e Secundaria.

 

       

LETRAS GALEGAS 2021. Aprender xogando

Temos o pracer de compartir con vós este xogo do que son autoras Ana Sánchez Sanmartín e Alba Carril Casanova, compañeira do centro e membro do EDLG.
 
Agardamos que con el poidades aprender moito da vida e obra de Xela Arias.
Parabéns a Ana e Alba.
 
E todos, a xogar!!!
 
 
 

 

CONVOCADOS PROBAS PARA OBTENCIÓN DOS CERTIFICADOS CELGA (LINGUA GALEGA)

No DOG de hoxe, publícase a convocatoria de probas para obtención dos certificados de Lingua Gelga, CELGA niveis 1, 2, 3 e 4 no ano 2021.

VER DOG

DESCUBRINDO A ROSALIA

Hoxe 24 de febreiro, Día de Rosalía, damos a coñecer o xogo Descubrindo a Rosalía de Castro, do que é coautora a profesora Alba Carril Casanova, compañeira de educación infantil e membro do EDLG do CPI de Vedra.

Animádesvos a xogar? 

https://view.genial.ly/6016977d22eaac0d7191f9a4/game-descubrindo-a-rosalia-de-castro

Os nosos parabéns para Alba e para Ana

Día Internacional do Patrimonio Mundial

 

Distribuir contido


by Dr. Radut