Skip to Content

Vedra medra ten rostro de muller

Co fin de sumarnos ao Día Internacional da Muller, Vedra medra cedeulles a palabra a tres vedresas Elvira Gestoso, Ana Dacosta e Pilar González que nos acompañaron na sesión de xogos populares do pasado 11 de novembro no centro. Seis alumnas da ESO fixéronlles unha entrevista coa que quixeron saber máis dos xogos e xoguetes que practicaron e construíron sendo elas nenas. Eran outros tempos, cando un pau se convertía en cabalo ou unha palla en frauta, cando as muñequiñas se facían de espighas e as casiñas de carozos e os enredos se creaban a partir do que tiñan á man na aldea. O papel do xoguete onte e hoxe suscitou tamén a reflexión destas nais, agora xa avoas.

Este 8 de marzo deunos unha nova oportunidade para sensibilizar a comunidade educativa do valor do xogo tradicional e popular como elemento patrimonial, como un dos saberes en que a transmisión directa de nais a fillas, de avoas a netas aínda é posible e, que permite, ademais a participación grupal e social.

 A entrevista realizárona Nerea, Julia, Ylenia, Martina, Alba e Saray de 3.ºESO-B e pódese escoitar xa en

https://www.facebook.com/vedramedra/videos/1184923845561199/



story | by Dr. Radut