Skip to Content

Proxecto VEDRA MEDRA

Fernando Cabeza Quiles co alumnado de 2º ESO

O pasado 30 de xaneiro tivemos a sorte de contar coa visita e a conferencia do escritor e mestre Fernando Cabeza Quiles que impartiu unha lección sobre toponimia ao alumnado de 2º de ESO

Ler máis +

Ver fotos +

VEDRA MEDRA VISITA BOQUEIXÓN

               Saída de 1.º da ESO ao concello de Boqueixón

En Vedra medra comezamos o último mes do ano baixo o feitizo do Camiño.

E eliximos para esta última visita de 2017 o Pico Sacro e a súa contorna no veciño concello de Boqueixón.

Con esta saída queriamos aproximarnos a un espazo único que todos os ulláns consideran propio e vinculado á vía xacobea, e todos os galegos, monte mítico e lendario.

Ler máis

Ver fotos

Botamos a andar con Vedra medra…

Botamos a andar con Vedra medra

Esta vez comezamos abrindo camiño na comarca da Ulloa, no concello lucense de Palas de Rei, co alumnado de 3.º da ESO.

INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN VEDRA MEDRA NO MUSEO DO POBO GALEGO

Como xa viñamos anunciando o pasado día 4 de novembor inaugurouse a esposición do Proxecto Vedra Medra no Museo do Pobo Galego con motivo do Premio Proxecto Didáctico Antonio Fraguas.

Coa asistencia de numeroso público de Vedra, alumnado, profesorado, nais e pais, representantes do concello, o acto estivo presidido polo Secretario Xeral de Política Lingüística Valentín García e o presidente da Fundación Antonio Fraguas, Xusto Beramendi. Interviron, ademais dos citados, Xulia Marqués en nome do CPI de Vedra e o director do IES A Pinguela de Monforte.

Permanecerá aberta ata o vindeiro 17 de decembro.

Ver fotos do evento.

CONVITE Á INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN VEDRA MEDRA

Toda a comunidade escolar está convidada a asistir a inauguración da Exposición "Vedra Medra unha aposta polo patrimonio cultural inmaterial como eixe de dinamización lingüística e cultural nun centro educativo do rural galego", este sábado día 4 de novembro ás 11,30 horas no Museo do Pobo Galego en San Domingos de Bonaval.

Trasladamos o convite feito pola Fundación Antonio Fraguas e o Museo do Pobo Galego, promotores do premio co que foi galardoado este proxecto didáctico levado a cabo no CPI de Vedra, no que participou todo o alumnado, colaboraron profesorado, concello asociacións da contorna, e foi dirixido  e coordinado pola Profesora Xulia Marqués.

Contamos con todos.

NOTA: A exposición permanecerá no Museo ata o día 17 de decembro de 2017.

Ver convite da fundación

 

 

Vedra medra no Museo do Pobo Galego

Museo do Pobo Galego inaugura o vindeiro 4 de novembro a exposición "Vedra medra, unha aposta polo patrimonio cultural inmaterial como eixe de dinamización lingüística e cultural nun centro educativo do rural galego", proxecto gañador da X edición do Proxecto Didáctico A. Fraguas 2016-2017

A exposición Vedra medra constará dunha serie de dez paneis informativos distribuídos polo primeiro andar do edificio, á que xuntaremos os audiovisuais e traballos realizados nas aulas e no obradoiro de patrimonio. Estes estarán aloxados nun ordenador ao que se poderá acceder; un segundo ordenador ofrecerá a posibilidade de ver todas as actuacións subidas ao Facebook Vedra medra. Vedra e a súa rapazada serán os protagonistas indiscutibles dunha exposición, de acceso libre e gratuíta, que acollerá a cidade do apóstolo os próximos meses. 

Todos os vedreses estades invitados!

Arrinca o Pasabodeghas 2017 e Vedra medra estará alí

O programa Espazo Activo da Ulla achega á parroquia vedresa de San Miguel de Sarandón unha nova edición do Pasabodeghas os días 28 e 29 de outubro.

O proxecto Vedra medra, que foi convidado a participar, levará unha exposición fotográfica na que se poderá ver unha compilación de todo o feito no curso 2017-18.

Os asistentes a este evento poderán desfrutar de distintas propostas musicais, gastronómicas e lúdicas, e tamén, da nosa man, das imaxes e vídeos que Vedra medra foi creando dentro e fóra do CPI de Vedra para dinamizar o patrimonio local na contorna ullá.

 

CAMELIAS para ROSALÍA

Aquí tendes unha serie de vídeos feitos polo alumnado de ESO co gallo da celebración das "Xornadas arredor das Camenlias"

Angel Mouro from CPI de VEDRA on Vimeo.

Brais Canicova from CPI de VEDRA on Vimeo.

Camelias para Rosalía from CPI de VEDRA on Vimeo.

Carla Sánchez from CPI de VEDRA on Vimeo.

Carlota Cea from CPI de VEDRA on Vimeo.

Carlota Vicente from CPI de VEDRA on Vimeo.

Helea Vascuas from CPI de VEDRA on Vimeo.

Isabel Fandiño from CPI de VEDRA on Vimeo.

Lucía Castro from CPI de VEDRA on Vimeo.

Miriam Castrillón from CPI de VEDRA on Vimeo.

Naiara González from CPI de VEDRA on Vimeo.

Olivia Taracido from CPI de VEDRA on Vimeo.

Alejandra García from CPI de VEDRA on Vimeo.

ACTIVIDADE FINAL VEDRA MEDRA: RUTA A PÉ POLA VÍA DA PRATA

Alumnado de 1º e 2º de ESO fixeron a pé á vía de peregrinación cara a Compostela coñecida como a Vía da Prata ou Camiño do Sueste. Comezamos a ruta xacobea por terras de Vedra na Ponte Ulla e finalizamos no santuario do Santiaguiño, na parroquia de San Pedro de Vilanova.

Completamos esta xornada de xuño cuns xogos de pistas que levaron os rapaces e rapazas de 1.º e 2.º de ESO a percorrer distintos puntos de San Pedro de Vilanova na procura dunha mensaxe secreta directamente relacionada co que podemos ler na fonte do Santiaguiño.

Ler mais+

Ver fotos+

ANTONIO REIGOSA PECHA "VEDRA DE LENDA" DO VEDRA MEDRA

O colofón á sección Vedra de lenda do proxecto VEDRA MEDRA foi a visita dun dos grandes coñecedores e divulgadores da nosa literatura oral tradicional, Antonio Reigosa.

Tivo un encontro co alumnado de 1º ESO na Biblioteca Municipal.

Ler máis+

Ver fotos+

Distribuir contido


by Dr. Radut