Skip to Content

Arrinca o Pasabodeghas 2017 e Vedra medra estará alí

O programa Espazo Activo da Ulla achega á parroquia vedresa de San Miguel de Sarandón unha nova edición do Pasabodeghas os días 28 e 29 de outubro.

O proxecto Vedra medra, que foi convidado a participar, levará unha exposición fotográfica na que se poderá ver unha compilación de todo o feito no curso 2017-18.

Os asistentes a este evento poderán desfrutar de distintas propostas musicais, gastronómicas e lúdicas, e tamén, da nosa man, das imaxes e vídeos que Vedra medra foi creando dentro e fóra do CPI de Vedra para dinamizar o patrimonio local na contorna ullá.

 

AdxuntoTamaño
2. pasabodeghas 2017.pdf433.58 KB


story | by Dr. Radut