Skip to Content

Vedra medra no Museo do Pobo Galego

Museo do Pobo Galego inaugura o vindeiro 4 de novembro a exposición "Vedra medra, unha aposta polo patrimonio cultural inmaterial como eixe de dinamización lingüística e cultural nun centro educativo do rural galego", proxecto gañador da X edición do Proxecto Didáctico A. Fraguas 2016-2017

A exposición Vedra medra constará dunha serie de dez paneis informativos distribuídos polo primeiro andar do edificio, á que xuntaremos os audiovisuais e traballos realizados nas aulas e no obradoiro de patrimonio. Estes estarán aloxados nun ordenador ao que se poderá acceder; un segundo ordenador ofrecerá a posibilidade de ver todas as actuacións subidas ao Facebook Vedra medra. Vedra e a súa rapazada serán os protagonistas indiscutibles dunha exposición, de acceso libre e gratuíta, que acollerá a cidade do apóstolo os próximos meses. 

Todos os vedreses estades invitados!

AdxuntoTamaño
novaEXPOMuseo.pdf105.76 KB
anuncioEXPOMuseoPobo_r.pdf1.24 MB


story | by Dr. Radut