CONVITE Á INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN VEDRA MEDRA
Toda a comunidade escolar está convidada a asistir a inauguración da Exposición "Vedra Medra unha aposta polo patrimonio cultural inmaterial como eixe de dinamización lingüística e cultural nun centro educativo do rural galego", este sábado día 4 de novembro ás 11,30 horas no Museo do Pobo Galego en San Domingos de Bonaval.
Trasladamos o convite feito pola Fundación Antonio Fraguas e o Museo do Pobo Galego, promotores do premio co que foi galardoado este proxecto didáctico levado a cabo no CPI de Vedra, no que participou todo o alumnado, colaboraron profesorado, concello asociacións da contorna, e foi dirixido e coordinado pola Profesora Xulia Marqués.
Contamos con todos.
NOTA: A exposición permanecerá no Museo ata o día 17 de decembro de 2017.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
convite expo X PDAF-12.pdf | 88.55 KB |