Camiñando polo CGAC adiante
O venres 27 de xaneiro estivemos en Santiago no Centro Galego de Arte Contemporánea convidados polo Departamento de Educación Plástica co alumnado de 3.º e de 4.º da ESO da dita materia. Comezamos o percorrido pola exposición “Camiños III”.
Segundo puidemos ler na presentación, ofrecía ao visitante “o camiñar como pegada cultural que condiciona a mirada e xera paisaxe e consecución de sensibilidade”.
E vimos que “Camiños III” contiña diversas accións performativas rexistradas en vídeo, cadernos de campo e mapas. Nestas, os artistas axudaban a reflexionar sobre o camiñar da contemplación.
Un pracer para os que este curso decidimos seguir Camiñando con Vedra medra. Aínda que como ben se sabe, os galegos non camiñamos, andamos polos camiños…
Xulia Marqués
Coordinadora do EDLG e de Vedra medra