Skip to Content

Blogues

Mércores 15. "ANIMALADAS2 (Teatro Calavera)

O mércores 15 disfrutamos da obra de teatro " Animaladas " foi unha sesión moi entretida na que tivemos que lidiar con animais de todo tipo coma auténticos exploradores.

Aquí deixamos unhas fotos a modo de resumo para que vexades que actividade tan intensa tivemos!

Martes 14. I FESTIVAL LETRAS SONORAS

O martes desta semana disfrutamos da primeira edición do festival "Letras Sonoras". Cada clase participou interpretando unha peza da nosa música tradicional. Sacamos unhas fotos de recordo para lembrarnos de esta actividade que tanto nos gustou.

Invitámosvos a que vexades nas fotos algúns momentos de estas actuacións.

 

LUNS 13. CE ORQUESTRA PANTASMA

Hoxe luns, despois do recreo disfrutamos da actuación de Ce orquestra pantasma que nos amenizou con un conto cantado co que puidemos bailar, cantar e disfrutar en galego.

No cartafol podedes ver o animados/as que estabamos.

 

A SEMANA DAS LETRAS

Lembrámosvos que esta semana festexamos as Letras Galegas con este fantástico cartel!! Esperamos disfrutalo moito e aprender moitas cousas 

EXCURSIÓN INFANTIL

Os nenos e as nenas de Infantil asistiron o pasado día 26 de abril a un concerto didáctico no Palacio da Ópera, en A Coruña.

Alí disfrutaron de varias modalidades de música clásica entre elas as músicas do mundo e mesmo puideron participar activamente nas actividades.

Como podedes ver no vídeo adxunto , pasárono xenial!!

 

 

EXCURSIÓN A "O ENREDO DO ABELLEIRO"

O día 18 de marzo os nenos e as nenas de primeiro e segundo realizaron unha excursión a "O enredo do abelleiro. O museo do mel.". Ali explicáronnos cal é a función das abellas na natureza, vistiamos as colmenas, vimos como se envasaba o mel e probamos diferentes tipos de mel. Máis tarde pasamos polo Mosteiro de Sobrado para dar un relaxante paseo polas inmediacións.

No seguinte vídeo podedes ver algunha foto de recordo.

 

Semana da prensa

Do 4 ao 8 de marzo celebramos a Semana da Prensa, con motivo de este evento aproveitamos para indagar nos medios de prensa escritos. A modo de resumo fixemos unha escolma das noticias que nos chamaron máis a atención e fixemos un mural no noso museo escolar.

Podedes velo no aquivo adxunto. Esperamos que vos guste.

Día Internacional da Muller

O día 8 de marzo conmemórase o Día Internacional da Muller. Tendo en conta o proxecto de centro deste curso centrado en Galicia, fixemos unha investigación sobre as biografías de algunhas mulleres galegas que contribuíron cos seus logros ao deporte, as letras ou a música.

Podedes ver no arquivo adxunto que traballos tan bonitos nos quedaron.

 

 

 

ENTROIDO

O pasado 9 de febreiro celebramos na escola o ENTROIDO. Desafortunadamente este curso as inclemencias meteorolóxicas impedíronnos realizar o xa tradicional desfile polo pobo. Deixámosvos un vídeo para que poidades ver como o celebramos. Agardamos que vos guste.

 

DÍA DA ILUSTRACIÓN

O pasado 30 de xaneiro celebramos o DÍA DA ILUSTRACIÓN.

Cada aula recreou as obras de unha pintor ou pintora e quedounos unha exposición fantástica que podedes ver no vídeo.

DÍA DA ILUSTRACIÓN

Distribuir contido


by Dr. Radut