Gallego

G1401082 Formación profesional a distancia I. Programación

Summary: 

Curso en rede sobre a elaboración de programacións en Formación Profesional.
Gallego

O día 30 de outubro comezará a actividade "Formación profesional a distancia I. Programación" dirixida a todo o profesorado de Formación Profesional.

Os obxectivos deste curso serán coñecer a aplicación informática para a elaboración de programacións LOE e elaborar a programación dunha unidade didáctica dun módulo LOE.

Esta actividade, de 25 horas de duración, desenvolverase completamente en rede, na platforma PLATEGA, desde o 30 de outubro ata o 21 de novembro.

Ligazón coa información en Fprofe: G1401082 Formación profesional a distancia I. Programación.

FP a distancia I
FP a distancia I. Programación

G1401080: Deseño e titorización de formación profesional en liña

Summary: 

Nova actividade en rede para o profesorado de FP, que non forma parte do actual plan anual de formación. O obxectivo é formar ao profesorado participante no rol de "facilitador dun curso en rede".
Gallego

Esta actividade é unha novidade que non forma parte da oferta formativa incluída no actual Plan de Formación para o Profesorado de Formación Profesional.

Xurde da elaboración polo Grupo de Investigación de Tecnoloxía Educativa da Facultade de Educación da Universidade de Murcia, no contexto do proxecto do Programa Europeo Leonardo Da Vinci   "Apoio a profesores de Formación Profesional nos procesos de ensino-aprendizaxe en rede", dun curso aberto na plataforma moodle 2.x, destinado ao ensino da capacidade de planificar e titorizar cursos en rede para os módulos de Formación Profesional. Por esta razón, e por mor do pouco tempo dispoñible para a súa posta en marcha, nesta ocasión ofertarase en castelán.

O curso responde á necesidade de pedagoxías e métodos innovadores para a Formación Profesional, introducindo a aprendizaxe colaborativa social e o deseño de aprendizaxe baseada en resultados.

A actividade está dirixida preferentemente a calquera profesor/a de Formación profesional que teña interese en empregar unha aula virtual como apoio ou eixo da súa docencia. A través dos diferentes módulos dos que conta a actividade, explicarase como dinamizar o ensino en rede, co obxectivo do desenvolvemento de determinadas competencias no alumnado.

A actividade non trata aspectos técnicos en relación ao uso e manexo das aulas virtuais nin de moodle. Os interesados nesta temática dispoñen doutras actividades formativas que o tratan de modo específico, coma: Aproveitamento didáctico das ferramentas das Webs Dinámicas nos centros educativos

O curso no seu formato orixinal pode ser accedido e descargado gratuitamente baixo unha licenza de atribución, aínda que sen titorización, na seguinte ligazón: http://evet2edu.eu/moodle/course/view.php?id=25

Información Importante

En relación ao dereito do profesorado a ter preferencia para a asignación de docencia na Formación profesional a distancia, esta actividade formativa non é a que se refire no seguinte texto do artigo 3.2 da Orde do 29 de xullo de 2011:

A continuación asignaranse as que requiran dispor de profesorado formado especificamente pola Administración educativa para tal fin ou que acredite dispor de titulación, experiencia profesional ou formación adecuada.

 

Data de comezo: 03/11/2014

Data de finalización: 12/12/2014

Lugar de celebración: Platega2

Número de horas totais: 30

Enlace a FPROFE: https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaConsultaPublica.do?DIALOG-EVENT-ver=ver&cod_actividade=63246

Enlace á Aula Virtual: https://www.edu.xunta.es/platega2/report/outline/index.php?id=37

 

CÓMO DISEÑAR Y FACILITAR UN CURSO EN LÍNEA

G 1402001“ A implantación dos ciclos de FP básica en Galicia ”

Summary: 

Curso do Plan anual 2014-15
Gallego

O día 13 de outubro comenzará a actividade “A implantación dos ciclos de FP básica en Galicia” programado para todo o profesorado de Formación Profesional.

Os obxectivos deste curso inclúen

1. Analizar a estrutura do sistema educativo ao abeiro da LOMCE.

2. Analizar e interpretar a normativa de FP básica en Galicia. Estrutura dos títulos de FP básica.

3. Iniciación á elaboración de programacións na FP básica.

Esta actividade desenvolverase os días 13 e 20 de outubro, en horario de 16:30 a 20:30, no salón de actos do CIFP Compostela .

Enlace Fprofe:

https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaConsultaPublica.do?DIALOG-EVENT-ver=ver&cod_actividade=61027

FPBASICA

Desenvolvemento da LOMCE: FP básica

Summary: 

Analizar a estrutura do sistema educativo ao abeiro da LOMCE. Analizar e interpretar a normativa de FP básica en Galicia. Estrutura dos títulos de FP básica. Iniciación á elaboración de programacións na FP básica.
Gallego

data de comezo    09/10/2014
data de finalización    16/10/2014
lugar    CFR de Pontevera. Pontevedra
horas    30
fprofe   https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaConsultaPublica.do?DIALOG-EVENT-...
aula virtual    http://www.edu.xunta.gal/centros/cfrpontevedra/aulavirtual/course/enrol....

.

Convocatoria de Proxectos de Formación de FP 2014

Summary: 

Acábase de abrir o prazo para a preinscrición dos interesados na realización dun Proxecto de Formación para o profesorado de Formación Profesional (PFFP). A diferenza de anos anteriores, neste curso só haberá unha única convocatoria. O prazo de preinscrición remata o vindeiro día 24 de outubro.
Gallego

Está publicada a convocatoria de Proxectos de Formación para o profesorado de Formación Profesional (PFFP) para o curso 2014-15. Esta modalidade de formación se desenvolve nos  propios centros educativos para favorecer e estimular o traballo en equipo do profesorado, sendo  os propios solicitantes  os que  deseñan  a actividade. Isto permite dar resposta a necesidades puntuais de formación , detectadas nos distintos  departamentos dos centros educativos, e que non foron cubertas na oferta de cursos do Plan Anual de Formación. Os materiais que se consideren de  calidade, elaborados o finalizar estes proxectos, serán difundidos pola Dirección Xeral de Educación , Formación Profesional e Innovación Educativa.
Entre os cambios salientables, destaca incluír como liña de actuación prioritaria a de dar cobertura ás necesidades formativas derivadas da implantación dos novos títulos de formación profesional básica.

Resumo

  • Aprobaranse ata 75 proxectos
  • A contía máxima é de 1500€,  e poderá incluír a docencia de persoas expertas, así como material ofimático (ata 200€), bibliográfico (ata 200€) e funxible, sempre xustificándoos debidamente.
  • A duración debe ser de entre 20 e 50 horas. A docencia pode ser de ata o 50% da duración total.
  • Entre 4-12 profesores:
    • funcionarios (non substitutos/as) dalgún dos corpos e especialidades que imparten na FP inicial.
    • dun ou mais centros educativos de niveis non universitarios que impartan ensinanzas de formación profesional.
    • que actualmente impartan docencia en Formación Profesional.
    • que dependan da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Calendario de entrega de documentación

Documento Onde Antes do Observacións
Preinscrición fprofe Pestana: “GT, Seminario, PFC, PFFP” 25/10/2014 A partires do 25/10/14 un/ha asesor/a de formación do CFR/CAFI porase en contacto co/a coordinador/a para ofrecer axuda para a elaboración do proxecto.
Proxecto fprofe e Orixinal no CFR ou CAFI 15/11/2014

O documento se descarga dende: Proxecto

Debe incluír un orzamento xustificado e detallado, e mais unha temporalización onde se especifique, de ser o caso, que sesións corresponden a docencia.

Actas das Reunións fprofe e CFR ou CAFI 30/05/2015 Cóbrense en fprofe durante o desenvolvemento da actividade, e ao termo se imprimen e asinan polo coordinador para a súa entrega no CFR/CAFI.
Follas de Control de sinaturas CFR ou CAFI 30/05/2015 A folla correspondente a cada reunión descargase de fprofe e, tras o remate da mesma, é asinada por todos os asistentes. Ao termo do proxecto deben entregarse todas no CAFI/CFR.
Memoria final fprofe e CFR ou CAFI 30/05/2015 O documento se descarga dende: Memoria final
Acta final CFR ou CAFI 30/05/2015 Descárgase de fprofe e debe vir asinado polo Xefe/a de estudos do centro sede, o/a coordinador/a e demais participantes.
Actividade de aplicación directa na aula fprofe 30/05/2015 O/A asesor/a do CFR/CAFI facilitará un documento modelo con exemplos. Deberá estar nun formato editable (.doc ou .odt) e o seu tamaño será inferior a 10MB.
Declaración responsable CFR ou CAFI 30/05/2015 O documento descárgase dende: Declaración responsable
Facturas e Albaráns CFR ou CAFI 30/05/2015 Deben vir con data posterior ao 15/03/2015.

 

  • A selección dos proxectos farase no mes de Novembro de 2014, e a publicación dos proxectos concedidos durante o mes de Decembro do 2014.
  • Posteriormente os asesores de formación do CFR/CAFI poranse en contacto cos/oas coordinadores/as dos proxectos concedidos para acordar unha reunión de asesoramento onde se lles explicaría o procedemento de desenvolvemento do proxecto e as súas tarefas como coordinador/a.
  • As sesións de traballo do grupo, poderán comezar a partires da aprobación do proxecto.


Os participantes nesta actividade, a proposta da Comisión de selección,  recibirán un certificado acreditativo da súa participación no proxecto, onde  constarán o número de horas de traballo  realizadas. Á persoa coordinadora da actividade, poderáselle asignar ata un 30% máis do número de horas correspondentes aos participantes.

PFFP 2014

Axudas para o deseño e aplicación de proxectos de mellora da aprendizaxe do alumnado

Summary: 

Consulta as bases.
Gallego

Para acceder a toda a información preme na seguinte ligazón que leva á páxina do INTEF.

ACCEDER

 

axudas_intef

G1401013: Fundamentos de hidráulica convencional

Gallego

Data de comezo: 20 de outubro de 2014

Data de finalización: 28 de novembro de 2014

Lugar de celebración: Platega

Número de horas totais: 30

Ligazón a FPROFE: https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaConsultaPublica.do?DIALOG-EVENT-ver=ver&cod_actividade=61022

Ligazón á aula virtual: http://www.edu.xunta.es/platega/course/view.php?id=2867

Data: 

20/10/2014 - 28/11/2014

Sección: 

C1401018: Desenvolvemento da LOMCE FP básica

Summary: 

O 30 de setembro e o 7 de outubro de 2014 no CFR da Coruña.
Gallego

Referencia: C1401018
1ª Xornada - 30/9 de 17:00 a 21:00 horas

         Desenvolvemento normativo da FP básica en Galicia

         Relator: Jesús Manuel Rodríguez Buján

2ª Xornada - 7/10 de 17:00 a 21:00 horas

         Os títulos e os currículos de formación profesional básica.

         As programacións de módulos na formación profesional básica

         Relatora: Sonia García Novoa

Horas presenciais: 8

Obxectivos

1. Analizar a estrutura do sistema educativo ao abeiro da LOMCE.

2.Analizar e interpretar a normativa de FP básica en Galicia.Estrutura dos títulos de FP básica.

3.Iniciación á elaboración de programacións na FP básica.

Contidos

1.A Lei orgánica 8\2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa.

2.O desenvolvemento normativo da LOMCE en Galicia.Os títulos de FP básica.

3.Procedemento de elaboración na aplicación informática de programacións na FP básica.

Asesor responsable da actividade

Asesor:  PENELAS-CORTÉS BELLAS, MARÍA MONTSERRAT

Enderezo Electrónico:  mpenelas@edu.xunta.es

Observacións

Sede: CFR A Coruña-aula de audiovisuais. 3º Andar. Relator 1ª sesión: D. Jesús Manuel Rodríguez Buján. Relator 2ª sesión: Dona Sonia García Novoa.

 

 

Desenvolvemento LOMCE FP básica

G1401013: Fundamentos de hidráulica convencional

Summary: 

Con respecto a edición anterior, renováronse os contidos da aula virtual e mais o equipo de titores, na busca dunha maior adecuación ás demandas manifestadas polo profesorado que participou na anterior edición.
Gallego

Por segundo ano consecutivo, volve a ofertarse unha actividade formativa en rede para o ensino dos fundamentos da hidráulica. Con respecto a edición anterior, renováronse os contidos da aula virtual e mais o equipo de titores, na busca dunha maior adecuación ás demandas manifestadas polo profesorado que participou na anterior edición.

Aínda que a actividade está dirixida principalmente á familia de Transporte e Mantemento de Vehículos, no caso de quedaren prazas vacantes terá acceso á actividade o profesorado da familia profesional de Electricidade e electrónica e de Instalación e mantemento, xa que detectarase que moitos profesores desta especialidade solicitaron participar na anterior edición da actividade.

Os titores, que teñen unha ampla experiencia tanto na formación presencial e a distancia do profesorado, deseñaron unha actividade cunha parte inicial teórica e completada con prácticas de simulación de circuítos hidráulicos cun software especializado. A intención é que as actividades e materiais que estarán dispoñibles na aula virtual poidan ser de proveito para os participantes para trasladalo á aula.

Fundamentos de hidráulica convencional

A actividade estenderase durante 5 semanas. Durante ese tempo deberanse completar as tarefas que os titores propoñan. Como axuda estarán dispoñibles a través do email e dos foros para contestar dúbidas e resolver problemas, e ademais haberá documentación de axuda colgada na mesma aula virtual. Para recibir a certificación correspondente, debe facerse correctamente o mínimo das tarefas que os titores establezan.
Como é un curso en rede, cada participante pode conectarse á aula virtual no tempo e horario que considere oportuno: o importante é entregar as tarefas correctas e en tempo.

Data de comezo: 20 de outubro de 2014

Data de finalización: 28 de novembro de 2014

Lugar de celebración: Platega

Número de horas totais: 30

Ligazón a FPROFE: https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaConsultaPublica.do?DIALOG-EVENT-ver=ver&cod_actividade=61022

Ligazón á aula virtual: http://www.edu.xunta.es/platega/course/view.php?id=2867

hidraulica

G1401007: Programación orientada a obxectos con Java. Iniciación

Summary: 

Actividade en rede para o profesorado de FP de Informática e Comunicacións, onde se iniciará ao profesorado na programación orientada a obxectos coa linguaxe Java.
Gallego

Este curso é unha das novidades do plan anual de formación do profesorado da familia de Informática e Comunicacións no presente curso 2014-15, substituíndo a actividade do plan anterior: "Acceso a datos en Java". Xurde como resposta á necesidade de contar cos fundamentos da linguaxe de programación orientada a obxectos Java para poder posteriormente abordar outras temáticas relacionadas, como por exemplo a programación de aplicacións web e a das aplicacións para o sistema operativo Android.

POO con Java

Data de comezo: 27/10/2014

Data de finalización: 7/12/2014

Lugar de celebración: Platega

Número de horas totais: 30

Ligazón a FPROFE: https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaConsultaPublica.do?DIALOG-EVENT-ver=ver&cod_actividade=61015

Ligazón á aula virtual: http://www.edu.xunta.es/platega/course/view.php?id=2848

Iniciacion a POO con Java