G1401013: Fundamentos de hidráulica convencional

Con respecto a edición anterior, renováronse os contidos da aula virtual e mais o equipo de titores, na busca dunha maior adecuación ás demandas manifestadas polo profesorado que participou na anterior edición.
Lun, 22/09/2014 - 13:36
hidraulica

Por segundo ano consecutivo, volve a ofertarse unha actividade formativa en rede para o ensino dos fundamentos da hidráulica. Con respecto a edición anterior, renováronse os contidos da aula virtual e mais o equipo de titores, na busca dunha maior adecuación ás demandas manifestadas polo profesorado que participou na anterior edición.

Aínda que a actividade está dirixida principalmente á familia de Transporte e Mantemento de Vehículos, no caso de quedaren prazas vacantes terá acceso á actividade o profesorado da familia profesional de Electricidade e electrónica e de Instalación e mantemento, xa que detectarase que moitos profesores desta especialidade solicitaron participar na anterior edición da actividade.

Os titores, que teñen unha ampla experiencia tanto na formación presencial e a distancia do profesorado, deseñaron unha actividade cunha parte inicial teórica e completada con prácticas de simulación de circuítos hidráulicos cun software especializado. A intención é que as actividades e materiais que estarán dispoñibles na aula virtual poidan ser de proveito para os participantes para trasladalo á aula.

Fundamentos de hidráulica convencional

A actividade estenderase durante 5 semanas. Durante ese tempo deberanse completar as tarefas que os titores propoñan. Como axuda estarán dispoñibles a través do email e dos foros para contestar dúbidas e resolver problemas, e ademais haberá documentación de axuda colgada na mesma aula virtual. Para recibir a certificación correspondente, debe facerse correctamente o mínimo das tarefas que os titores establezan.
Como é un curso en rede, cada participante pode conectarse á aula virtual no tempo e horario que considere oportuno: o importante é entregar as tarefas correctas e en tempo.

Data de comezo: 20 de outubro de 2014

Data de finalización: 28 de novembro de 2014

Lugar de celebración: Platega

Número de horas totais: 30

Ligazón a FPROFE: https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaConsultaPublica.do?DIALOG-EVENT-ver=ver&cod_actividade=61022

Ligazón á aula virtual: http://www.edu.xunta.es/platega/course/view.php?id=2867