G1301012: Fundamentos de hidráulica convencional

Actividade en rede dirixida ao profesorado de FP da familia profesional de Transporte de Mantemento de Vehículos.
Mér, 18/09/2013 - 10:23
hidraulica
hidraulica

Aínda que en cursos anteriores xa houbera cursos de formación do profesorado de FP sobre Hidráulica e Pneumática, esta nova actividade xorde tras detectar a necesidade entre o profesorado da familia de Transporte e Mantemento de Vehículos de afondar na teoría básica da Hidráulica.

Os titores, que teñen unha ampla experiencia tanto na formación presencial e a distancia de profesorado, deseñaron unha actividade cunha parte inicial teórica e completada con prácticas de simulación de circuítos hidráulicos cun software especializado. A intención é que as actividades e materiais que estarán dispoñibles na aula virtual poidan ser de proveito para os participantes para trasladalo á aula.

A actividade estenderase durante 6 semanas. Durante ese tempo deberanse completar as tarefas que os titores propoñan. Como axuda estarán dispoñibles a través do email e dos foros para contestar dúbidas e resolver problemas, e ademais haberá documentación de axuda colgada na mesma aula virtual. Para recibir a certificación correspondente, debe facerse correctamente o mínimo das tarefas que os titores establezan.
Como é un curso en rede, cada participante pode conectarse á aula virtual no tempo e horario que considere oportuno: o importante é entregar as tarefas correctas e en tempo.

G1301012: Fundamentos de hidráulica convencional.

Data de comezo: 14 de outubro de 2013
Data de finalización: 20 de novembro de 2013
Lugar de celebración: PLATEGA
Número de horas totais: 30 horas
Ligazón a fprofe: https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaConsultaPublica.do?DIALOG-EVENT-ver=ver&cod_actividade=54384
Ligazón á aula virtual: http://www.edu.xunta.es/platega/course/view.php?id=2227