G1401007: Programación orientada a obxectos con Java. Iniciación

Actividade en rede para o profesorado de FP de Informática e Comunicacións, onde se iniciará ao profesorado na programación orientada a obxectos coa linguaxe Java.
Lun, 22/09/2014 - 13:28
Iniciacion a POO con Java

Este curso é unha das novidades do plan anual de formación do profesorado da familia de Informática e Comunicacións no presente curso 2014-15, substituíndo a actividade do plan anterior: "Acceso a datos en Java". Xurde como resposta á necesidade de contar cos fundamentos da linguaxe de programación orientada a obxectos Java para poder posteriormente abordar outras temáticas relacionadas, como por exemplo a programación de aplicacións web e a das aplicacións para o sistema operativo Android.

POO con Java

Data de comezo: 27/10/2014

Data de finalización: 7/12/2014

Lugar de celebración: Platega

Número de horas totais: 30

Ligazón a FPROFE: https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaConsultaPublica.do?DIALOG-EVENT-ver=ver&cod_actividade=61015

Ligazón á aula virtual: http://www.edu.xunta.es/platega/course/view.php?id=2848