G1401082 Formación profesional a distancia I. Programación

Curso en rede sobre a elaboración de programacións en Formación Profesional.
Mér, 29/10/2014 - 14:18
FP a distancia I
FP a distancia I. Programación

O día 30 de outubro comezará a actividade "Formación profesional a distancia I. Programación" dirixida a todo o profesorado de Formación Profesional.

Os obxectivos deste curso serán coñecer a aplicación informática para a elaboración de programacións LOE e elaborar a programación dunha unidade didáctica dun módulo LOE.

Esta actividade, de 25 horas de duración, desenvolverase completamente en rede, na platforma PLATEGA, desde o 30 de outubro ata o 21 de novembro.

Ligazón coa información en Fprofe: G1401082 Formación profesional a distancia I. Programación.