G1401080: Deseño e titorización de formación profesional en liña

Nova actividade en rede para o profesorado de FP, que non forma parte do actual plan anual de formación. O obxectivo é formar ao profesorado participante no rol de "facilitador dun curso en rede".
Xov, 16/10/2014 - 14:56
CÓMO DISEÑAR Y FACILITAR UN CURSO EN LÍNEA

Esta actividade é unha novidade que non forma parte da oferta formativa incluída no actual Plan de Formación para o Profesorado de Formación Profesional.

Xurde da elaboración polo Grupo de Investigación de Tecnoloxía Educativa da Facultade de Educación da Universidade de Murcia, no contexto do proxecto do Programa Europeo Leonardo Da Vinci   "Apoio a profesores de Formación Profesional nos procesos de ensino-aprendizaxe en rede", dun curso aberto na plataforma moodle 2.x, destinado ao ensino da capacidade de planificar e titorizar cursos en rede para os módulos de Formación Profesional. Por esta razón, e por mor do pouco tempo dispoñible para a súa posta en marcha, nesta ocasión ofertarase en castelán.

O curso responde á necesidade de pedagoxías e métodos innovadores para a Formación Profesional, introducindo a aprendizaxe colaborativa social e o deseño de aprendizaxe baseada en resultados.

A actividade está dirixida preferentemente a calquera profesor/a de Formación profesional que teña interese en empregar unha aula virtual como apoio ou eixo da súa docencia. A través dos diferentes módulos dos que conta a actividade, explicarase como dinamizar o ensino en rede, co obxectivo do desenvolvemento de determinadas competencias no alumnado.

A actividade non trata aspectos técnicos en relación ao uso e manexo das aulas virtuais nin de moodle. Os interesados nesta temática dispoñen doutras actividades formativas que o tratan de modo específico, coma: Aproveitamento didáctico das ferramentas das Webs Dinámicas nos centros educativos

O curso no seu formato orixinal pode ser accedido e descargado gratuitamente baixo unha licenza de atribución, aínda que sen titorización, na seguinte ligazón: http://evet2edu.eu/moodle/course/view.php?id=25

Información Importante

En relación ao dereito do profesorado a ter preferencia para a asignación de docencia na Formación profesional a distancia, esta actividade formativa non é a que se refire no seguinte texto do artigo 3.2 da Orde do 29 de xullo de 2011:

A continuación asignaranse as que requiran dispor de profesorado formado especificamente pola Administración educativa para tal fin ou que acredite dispor de titulación, experiencia profesional ou formación adecuada.

 

Data de comezo: 03/11/2014

Data de finalización: 12/12/2014

Lugar de celebración: Platega2

Número de horas totais: 30

Enlace a FPROFE: https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaConsultaPublica.do?DIALOG-EVENT-ver=ver&cod_actividade=63246

Enlace á Aula Virtual: https://www.edu.xunta.es/platega2/report/outline/index.php?id=37