Gallego

S1301025: Educación infantil, escola e familias

Gallego

Curso académico: 2013/2014

Data de realización: 2º trimestre

Lugar de celebración: Santiago de Compostela

Horas presenciais: 18h

Horas non presenciais: 2h

Número de horas totais: 20h

Data límite de inscrición: 12/12/2013

https://www.edu.xunta.gal/fprofe/

 

Obxectivos

1. Analizar o papel das familias na educación do alumnado e no contexto educativo.

2. Coñecer o tipo de relacións e canles de comunicación entre as familias e a escola.

3. Mellorar as estratexias de comunicación entre o profesorado e as familias.

Sección: 

Áreas-CAFI: 

S1301026: Educar nas emocións na educación infantil

Gallego

Curso académico: 2013/2014

Data de realización: 1º trimestre

Lugar de celebración: Santiago de Compostela

Número de horas totais: 30h

Data límite de inscrición: 20/09/2013

https://www.edu.xunta.gal/fprofe/

 

Obxectivos

1. Reflexionar sobre os obxectivos e contidos da educación emocional.

2. Facilitar estratexias, recursos e pautas de avaliación para o desenvolvemento de prácticas educativas que respondan a unha boa educación emocional.

3. Reflexionar sobre a aportación da educación emocional no desenvolvemento integral do alumnado e na súa contribución a competencias básicas como: competencia social e cidadá e autonomía e iniciativa persoal.

Sección: 

Áreas-CAFI: 

S 1301035 As danzas populares e tradicionais como recurso para o traballo das competencias básicas

Gallego

Data da actividade: 1º Trimestre

Lugar: Ventín Ames

Número de horas: 30h

Data límite de inscrición: 20/09/2013

Sección: 

S1301027: A integración das tecnoloxías no ensino primario. Aspectos metodolóxicos e didácticos

Gallego

Lugar de celebración: Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI). Santiago de Compostela

Horario: de 18:00 a 21:00

Data de realización: 1º trimestre

Mércores, 2 de outubro de 2013: Ferramentas da web 2.0

Xoves, 3 de outubro de 2013: Ferramentas da web 2.0

Luns, 7 outubro de 2013: Uso das TIC na aula: exemplos prácticos para aproveitar o seu potencial educativo sen perdérmonos no intento.

Mércores, 9 outubro de 2013: Uso das TIC na aula: exemplos prácticos para aproveitar o seu potencial educativo sen perdérmonos no intento.

Luns, 14 de outubro de 2013: Introdución ao EDI

Mércores, 16 de outubro de 2013: Notebook

Luns, 21 de outubro de 2013: Ardora: creación de Actividades

Mércores, 23 de outubro de 2013: Ardora: creación de Paquetes de Actividades

Luns, 28 de outubro de 2013: Introdución ao programa ediLIM para a elaboración de actividades interactivas multimedia na escola.

Mércores, 30 de outubro de 2013: Elaboración dun pequeno LIM (Libro Interactivo Multimedia) para as nosas aulas.

 

Número de horas totais: 30h

 

 

 

Sección: 

Áreas-CAFI: 

Plan anual de formación do profesorado 2013/2014

Summary: 

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria presenta o Plan Anual de Formación do Profesorado para o curso 2013/2014.
Gallego
plan anual 2013 2014

Milton Chen: Seis vértices para la innovación educativa

Summary: 

El Dr. Milton Chen é membro e Director Executivo da George Lucas Education Fundation (GLEF) dende 1998 ata 2010. A GLEF ten un portal educativo de referencia para a innovación educativa, Edutopia.org, que pretende abrir ventás á educación do século 21.
Gallego

Neste vídeo, no marco do Global Education Forum 2011, o Dr. Milton Chen desenvolve unha conferencia sobre o que define como "seis vértices para a innovación educativa"

 

Tamén poden seguir o seu blog no portal Edutopia: http://www.edutopia.org/user/89

milton chen

Programa PIALE. Modalidade 1. Fase A

Summary: 

O programa PIALE da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria está ao servizo do profesorado galego para mellorar a súa competencia lingüística e comunicativa en lingua estranxeira a través de distintos itinerarios.
Gallego

Vén de rematar a fase A da Modalidade 1 do Programa PIALE, que se celebrou no CAFI para a zona de Santiago. Durante esta fase, profesorado especialista de infantil ou primaria e profesorado AICLE/CLIL de primaria ou secundaria recibiu 75 horas de formación en inglés a cargo de especialistas da escola oficial de idiomas.

pialeweb

Materiais en aberto: Cursos do Itinerario formativo de Competencia dixital docente

Summary: 

O itinerario impartiuse na súa totalidade por primeira vez ao longo deste curso 2012-2013.
Foi avaliado moi positivamente polos docentes que asistiron ás formacións en tódolos CFR e CAFI.
Gallego

Itinerario

 

Dende hoxe atópanse en aberto na sección "Formación Aberta"  da Aula Virtual do CAFI os materiais relativos aos 5 niveis do Itinerario formativo de Competencia dixital docente, amplamente demandados polo profesorado galego.

Pódense consultar facendo clic aquí ou accedendo á seguinte ligazón: http://www.edu.xunta.gal/centros/cafi/aulavirtual/course/category.php?id=50.

O profesorado interesado en ampliar información sobre este Itinerario, pode consultar igualmente o seguinte enderezo: /portal/competenciaTIC

Itinerario TIC
Itinerario TIC

Plans de formación permanente do profesorado que se van implantar en centros educativos públicos dependentes desta consellería no curso 2013/2014

Summary: 

Xúntase a Resolución do 11 de xuño de 2013, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convoca a selección de plans de formación permanente do profesorado que se van implantar en centros educativos públicos dependentes desta consellería no curso 2013-2014.
Gallego
  • O prazo de preinscrición é ata o 30 de xuño.
  • O prazo de presentación de solicitudes remata o 27 de setembro.

Que son?

Plans específicos de formación permanente que, partindo dunha avaliación das necesidades do centro, permitan deseñar accións formativas destinadas á actualización e o perfeccionamento das competencias profesionais do profesorado para a mellora da calidade da educación e dos resultados escolares.

Destinatarios

Centros educativos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Cada centro pode solicitar un único plan. Varios centros con necesidades comúns e proximidade xeográfica poderán presentar un plan conxunto.

Características

  • Os plans estarán integrados por un ou dous itinerarios formativos, que atenderán a algunha das liñas de actuación propostas.
  • Cada itinerario formativo constará, como norma xeral, de dúas ou tres actividades formativas (curso, grupo de traballo, seminario).
  • As actividades deberán estar integradas e secuenciadas nun proceso que inclúa a análise e elaboración de propostas didácticas, así como a súa aplicación á aula ou ao centro, e a reflexión e avaliación dos resultados.
  • Os plans presentados terán unha planificación mínima de dous cursos escolares e máxima de catro.
  • Debe participar máis do 40% do Claustro. Cada profesor/a pode integrarse como mínimo nun dos itinerarios que forman o plan.

Liñas de traballo

  1. Programación, desenvolvemento e avaliación de competencias básicas, facendo especial fincapé no tratamento das linguas, tanto propias como estranxeiras.
  2. Integración didáctica das TICs, e no uso para o traballo cooperativo en rede a través de espazos virtuais.
  3. Mellora da xestión dos centros e dos procesos de calidade.
  4. Convivencia escolar e clima da aula
  5. Atención á diversidade e cambios metodolóxicos asociados.
  6. Accións encamiñadas a mellorar o desempeño profesional docente e á  actualización científica e didáctica do profesorado.
  7. Xestión directiva dos centros.

Máis información

Correos electrónicos: cafi@edu.xunta.es, cfr.coruna@edu.xunta.es, cfr.lugo@edu.xunta.es, cfr.ourense@edu.xunta.es, cfr.pontevedra@edu.xunta.es, cfr.ferrol@edu.xunta.es, cfr.vigo@edu.xunta.es

PFPP