Gallego

S1301015: A prevención de riscos laborais nos traballos de laboratorio:manipulación de produtos químicos e biolóxicos

Summary: 

Por segundo ano consecutivo volvese a celebrar o curso "A prevención de riscos laborais nos traballos de laboratorio: manipulación de produtos químicos e biolóxicos" destinado ao profesorado de FP da familia de Sanidade. Como na anterior edición, participará a Xefa da Sección de Hixiene Industrial do ISSGA (Instituto galego de seguridade e saúde laboral), Lucía Ferrón Vidán. Dentro do programa da actividade abordaranse cuestións de moito interese coma a seguridade nos laboratorios químicos e biolóxicos, o control do risco biolóxico e tamén a xestión de residuos.
Gallego

issgaPor segundo ano consecutivo volvese a celebrar o curso "A prevención de riscos laborais nos traballos de laboratorio: manipulación de produtos químicos e biolóxicos" destinado ao profesorado de FP da familia de Sanidade. Como na anterior edición, o impartirá a Xefa da Sección de Hixiene Industrial do ISSGA (Instituto galego de seguridade e saúde laboral), Lucía Ferrón Vidán.

Lucía Ferrón é experta no estudo e análise dos contaminantes físicos (ruído, vibracións, campos electromagnéticos, radiacións ópticas) químicos e biolóxicos presentes nos diferentes lugares de traballo, e tamén é autora de diferentes publicacións centradas nesta disciplina. Como tal ven participando como relatora en diferentes actividades de formación, ademais de responsabilizarse do deseño e coordinación dos plans e programas de actuación do ISSGA neste campo .

O Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral é un organismo autónomo adscrito organicamente á consellería de traballo, que se configura como un órgano técnico en materia de prevención de riscos laborais. A súa actuación inclúe especificamente as cooperativas de traballo asociado e as demais cooperativas en relación cos seus socios e socias de traballo. Así mesmo leva a cabo actividades de promoción de prevención de riscos laborais en relación coas traballadoras e os traballadores por conta propia e co conxunto da poboación, prestando especial atención ás actividades de prevención dirixidas ás pequenas e medianas empresas. Para levar adiante estas tarefas, o ISSGA conta con diversas ferramentas, entre as que destacamos os catro centros provinciais de seguridade e saúde laboral.


Na páxina web do ISSGA pódense atopar información relativa a estas temáticas así como material de interese para a aula.

 

Data de comezo:  26/06/2013

Data de finalización: 27/06/2013

Lugar de celebración: Centro Autonómico de Formación e Innovación

Número de horas totais: 14

Enlace a FPROFE: https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaConsultaPublica.do?DIALOG-EVENT-ver=ver&cod_actividade=54388

riscos laborais

S1301024 Cálculos financeiros adaptados ao plan xeral de contabilidade mediante folla de cálculo

Summary: 

Curso da área de Administración e xestión que se impartirá do 3 ao 6 de setembro de 2013
Gallego

Atópase aberto o prazo de inscrición para a actividade "S1301024 Cálculos financeiros adaptados ao plan xeral de contabilidade mediante folla de cálculo" destinada ao profesorado de Administración e xestión. As persoas interesadas deberán inscribirse ata o 15/06/2013 a través da aplicación de xestión do profesorado fprofe. O curso desenvolverase en setembro, entre os días 3 e 6, no seguinte horario:

03/09/2013          09:00  -  15:00          Estudo das operacións financeiras.

04/09/2013          09:00  -  15:00          Préstamos, Leasing e Renting.

05/09/2013          09:00  -  15:00          Normas 8 e 9.

06/09/2013          09:00  -  15:00          Métodos de amortización.

Obxectivos:

1.Estudar as aplicacións financeiras das follas de cálculo

2.Realizar supostos prácticos de aplicación das funcións financeiras

Contidos:

1.Estudo das operacións financeiras

2.Préstamos, Leasing e Renting

3.Normas 8 e 9

4.Métodos de amortización

Dirixido a:

511101 - Catedráticos de ensino secundario. Administración de empresas

590101 - Profesores de ensino secundario. Administración de empresas

591222 - Profesores técnicos de formación profesional. Procesos de xestión administrativa

Criterios de selección de participantes:

Os xerais do plan anual

Imaxe da portada: CC-BY-NC-ND  Autor: http://www.flickr.com/photos/dryrot/2400610219/

 

 

calculos financieiros
calculos financieiros

A literatura infantil e xuvenil protagonizará un seminario da UIMP con Gisbert, Molina e Serra i Fabra

Summary: 

A sétima edición de Leccións e Mestres celebrarase o 18 e 19 de xuño no Pazo de La Magdalena
Gallego
seminario

S1301001 A xestualidade expresiva do intérprete

Summary: 

A actividade formativa está dirixida a profesores e profesoras de Conservatorios de Música.
Gallego

Atópase aberto o prazo de inscrición para a actividade "S1301001 A xestualidade expresiva do intérprete" destinada ao profesorado de Conservatorios de música. As persoas interesadas deberán inscribirse canto antes a través da aplicación de xestión do profesorado fprofe. O curso desenvolverase en Setembro, entre os días 12 e 14 no seguinte horario:

Horario da actividade
    DÍA HORARIO CÓMPUTO HORAS

Xoves 12 de setembro

Mañá: 10 - 14 h

Tarde: 16 - 19 h

7 horas

Venres 13 de setembro

Mañá: 9 - 14 h

Tarde:16 - 19 h

8 horas
Sábado 14 de setembro Mañá: 9 - 14 h 5 horas
    TOTAL: 20 HORAS

Obxectivos:

1.Coñecer a importancia da xestualidade do intérprete para a súa comunicación co público nun recital.

2.Saber coñecer aqueles lugares onde o intérprete pode afondar a súa prestación mediante o xesto, como é a música descritiva, os silencios, inicios e finais das obras, diversos aspectos rítmicos, etc.

3.Valorar o aspecto lúdico que moitas veces ten a música. Ampliar o coñecemento do repertorio musical e que gocen da súa audición.

Contidos:

1.A importancia da xestualidade.

2.O músico como actor.

3.O discurso musical e o xesto.

4.O conxunto camerístico.

5. A imitación instrumental no piano.

6.Música xestual.

Dirixido a:

  • 594 - Profesores de música e artes escénicas (Ensinanzas de música)

Criterios de selección de participantes:

1. Profesorado de música e artes escénicas.

2. Profesorado interino que estea impartindo clases en conservatorios.

3. Profesorado substituto que estea impartindo clases en conservatorios.

Relator da actividade: Albert Nieto López.

S1301001 A xestualidade expresiva do intérprete
S1301001 A xestualidade expresiva do intérprete

Convocado o Certame galego de Creadores Novos Xuventude Crea 2013!

Summary: 

Xuventude procura un espazo de expresión e recoñecemento a artistas novos das especialidades de teatro, artes plásticas, música, relato breve, poesía, videocreación, banda deseñada, graffiti, carteis, deseño de xoias e moda
Gallego

Para ler as bases do certame, consulta: http://xuventude.xunta.es/xuventude-crea.html

 

Crea2013

S1301011: Emprego de vinilos autoadhesivos na automoción

Summary: 

A empresa APA Spain, por primeira vez imparte un obradoiro práctico destinado especialmente ao profesorado de FP de Transporte e Automoción de pintura. Durante este curso explicarase o emprego dos vinilos autoadhesivos na decoración integral de vehículos.
Gallego
APA, trae a GALICIA unhas Xornadas técnicas os próximos días 2 e 3, e o 4 de Xullo. Xunto con técnicos de fábrica, amosaránse as novas tecnoloxías no mundo do vinilo, as tendencias, novedades e evolución.

Presente desde 1978 no mercado mundial do sector gráfico publicitario, APA Spa esta especializada na produción e venda, en Italia e no mundo, de vinilos autoadhesivos en rolos para plotters de corte e impresoras digitales. Vinilos autoadhesivos, vinilos protectores para a laminación, vinilos termo-adhesivos para tecidos, papeis fotográficos, lonas, tecidos e backlites son só unha parte da ampla gama de produtos APA.

 
KNIFELESS
 
EFECTO CHROMO
EFECTO CAMUFLAJE
 

Data de comezo: 2 de Xullo

Data de finalización: 4 de Xullo

Lugar de Celebración: CIFP Politécnico de Santiago

Número de horas totais: 20

Enlace a FPROFE:

https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaConsultaPublica.do?DIALOG-EVENT-ver=ver&cod_actividade=54382

Programa do Curso:

Día 2 de Xullo:

Mañan (Teórico-Práctica)

  • Breve introducción Institucional
  • Definición dos produtos autoadhesivos
  • Compoñentes de fabricación
  • O film, o adhesivo, o liner
  • Sistemas de fabricación
  • Breve práctica cos diferentes tipos


Tarde (Práctica)

  • Práctica sobre manipulación
  • Práctica sobre aplicación
  • Práctica sobre grandes superficies

Día 3 de Xullo

Mañan (Teórico-Práctica)

  • Introdución aos sistemas (Corte e impresión)
  • Programas de deseño
  • Iniciar a decoración integral dun vehículo

Tarde (Práctica)

  • Finalizar a decoración integral
  • Conclusións finais


Día 4 de Xullo

Mañán

  • Presente e futuro do sector en Galicia
  • Participación de empresas

 

curso vinilos

Video: 

Video didáctico Car Wrapping - Puerta. APA Spain

S1301017: Recursos de expresión

Gallego

Data de comezo: 10/07/2013
Data de finalización: 12/07/2013
Lugar de realización: CIFP Compostela
Número de Horas totais: 15
Enlace a Fprofe: https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaConsultaPublica.do?DIALOG-EVENT-ver=ver&cod_actividade=54390

Data: 

10/07/2013 - 12/07/2013

Sección: 

S1302001: Xornadas de Transporte e mantemento de vehículos 2013

Gallego

Data de comezo: 3/09/2013
Data de finalización: 5/09/2013
Lugar de realización: CIFP Politécnico de Santiago
Número de Horas totais: 18
Enlace a Fprofe: https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaConsultaPublica.do?DIALOG-EVENT-ver=ver&cod_actividade=54386

Data: 

03/09/2013 - 05/09/2013

Sección: 

S1301016: Ensaios citoxenéticos para diagnóstico prenatal

Gallego

Data de comezo: 01/07/2013 
Data de finalización: 03/07/2013
Lugar de realización: Hospital Clínico Universitario de Santiago
Número de Horas totais: 20
Enlace a Fprofe: https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaConsultaPublica.do?DIALOG-EVENT-ver=ver&cod_actividade=54389

Data: 

01/07/2013 - 03/07/2013

Sección: 

S1301015: A prevención de riscos laborais nos traballos de laboratorio:manipulación de produtos químicos e biolóxicos

Gallego

Data de comezo:  26/06/2013

Data de finalización: 27/06/2013

Lugar de celebración: Centro Autonómico de Formación e Innovación

Número de horas totais: 14

Enlace a FPROFE: https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaConsultaPublica.do?DIALOG-EVENT-ver=ver&cod_actividade=54388

Data: 

26/06/2013 - 27/06/2013

Sección: 

Áreas-CAFI: