Gallego

Pictosonidos

 

Pictosonidos” forma parte dunha serie de aplicacións artelladas co fin de axudar a persoas con necesidades educativas

A través dos pictogramas, con sons e locucións asociadas, axúdase á comprensión de conceptos e a incrementar o vocabulario de persoas con necesidades educativas que aprenden máis fácilmente a través de imaxes, usando a posteriori ditos pictogramas como sistema alternativo de comunicación.

 

 

 

 

 

 

Gallego
Pictosonidos

Convocadas as licenzas por formación para o curso 2013/14 destinadas ao funcionariado docente non universitario

Gallego

Xúntase a Orde do 5 de xuño de 2013 pola que se convocan licenzas por formación para o curso 2013/14 destinadas ao funcionariado docente non universitario e se aproban as súas bases de concesión.

O prazo de presentación de solicitudes será de un mes a partir da publicación no Diario Oficial de Galicia e remata o día 15 de xullo de 2013

Destinatarios:

O persoal docente de carreira que pertenza aos corpos que imparten ensinanzas das establecidas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, destinado durante o próximo curso 2013-2014 en centros educativos públicos e nos servizos provinciais de Inspección Educativa dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

Requisitos

Os candidatos, agás para as licenzas non retribuídas que unicamente deben cumprir os tres primeiros puntos, deben reunir os seguintes requisitos:

1. Estaren en situación de servizo activo e prestando servizos ininterrompidos durante os cursos: 2011-2012 e 2012-2013, e no 2013-2014 seguiren tendo destino e exercendo docencia directa con alumnado en centros docentes educativos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

2. Teren, como mínimo, dous anos de antigüidade como persoal docente de carreira nos corpos e nas escalas que se establecen no artigo 1 desta orde. Para estes efectos computaranse os servizos ata o 31 de agosto de 2013. Para a modalidade 6, terá preferencia o profesorado con destino definitivo no centro educativo durante o curso 2013-2014.

3. Non teren destino en comisión de servizos durante o curso 2013-2014,agás o profesorado destinado en centros de ensinanzas artísticas superiores.

4. Obteren como mínimo oito puntos no epígrafe 1 do baremo que figura no anexo III desta convocatoria.

5. A obtención da licenza é incompatible coa participación simultánea en programas europeos, estadías formativas en empresas e actividades formativas no estranxeiro ofrecidas á marxe desta convocatoria. A persoa solicitante que obteña praza en calquera destas convocatorias deberá notificalo urxentemente e por escrito á Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.

Modalidades:

Convócanse dous tipos de licenzas por estudos: retribuídas e sen retribución.

A) As licenzas non retribuídas terán unha duración de seis ou doce meses ininterrompidos.  

B) As modalidades de licenza retribuída son:

Modalidade 1: proxectos individuais para a creación de materiais curriculares dixitais para primaria e secundaria. Duración de un a tres meses, segundo a valoración do proxecto presentado.

Modalidade 2: grupo de traballo de dous ou tres membros para a creación de materiais curriculares dixitais en primaria e secundaria. Duración de un a tres meses, segundo a valoración do proxecto presentado.

Modalidade 3: proxecto individual para a creación de materiais curriculares para as ensinanzas de formación profesional. A duración será trimestral.

Modalidade 4: grupo de traballo de dous ou tres membros para a creación de materiais curriculares para as ensinanzas de formación profesional. A duración será trimestral.

Modalidade 5: grupo de traballo de dous ou tres membros para a creación de cursos non presenciais para a formación do profesorado. Duración de un a tres meses.

Modalidade 6: perfeccionamento en linguas estranxeiras no exterior.

Dirixida preferentemente ao profesorado non especialista de ensino primario e secundario para promover dun xeito prioritario a creación ou a continuación do programa de seccións bilingües e/ou de centros plurilingües. Duración mínima de un mes e máxima de tres meses.

Documentación necesaria:

  • Solicitude segundo modelo do anexo II da convocatoria.
  • Proxecto de estudos ou de traballo de investigación que se pretenda realizar durante o período da licenza, segundo o contido do anexo IV.
  • A demais documentación requirida na convocatoria específica para cada modalidade
  • Relación numerada e asinada da documentación presentada.

Máis información:

Correo electrónico  licenzas.fprofe@edu.xunta.es

Tl.: 981 546.510/ 981.546.513/981.546.515

Colectivo: 

S1301014 - Illamento e purificación de proteínas

Gallego

Centro de formación e recursos: CAFI
Temporalización:  09/09/2013  -  13/09/2013
Data límite de inscrición: 15/06/2013
Lugar: CIFP Politécnico de Santiago
Prazas:  15
Observacións prazas: 
No caso de vacantes asinaranse estas ao profesorado de Industria Alimentaria

Horas totais: 30

Ligazón a Fprofe: https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaInicio.do?DIALOG-EVENT-verAct=ve...

 

 

Data: 

09/09/2013 - 13/09/2013

Sección: 

S1301005 - A reacción en cadea da polimerasa (CPR) na industria alimentaria

Gallego

Centro de formación e recursos: CAFI
Temporalización:  25/06/2013  -  28/06/2013
Data límite de inscrición: 15/06/2013
Lugar: CIFP Politécnico de Santiago
Prazas:  15
Observacións prazas: 
Ofertado para o profesorado das familias Industria Alimentaria e Química

Horas totais: 20

Enlace a Fprofe: https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaInicio.do?DIALOG-EVENT-verAct=ve...

 

Data: 

25/06/2013 - 28/06/2013

Sección: 

S1301005 - A reacción en cadea da polimerasa (CPR) na industria alimentaria

Summary: 

Curso da área de FP - Familias de Industria Alimentaria e Química que se impartirá do 25 ao 28 de xuño de 2013
Gallego

Atópase aberto o prazo de inscrición para a actividade "S1301005 A reacción en cadea da polimerasa (CPR) na industria alimentaria" de 20 horas destinada ao profesorado de FP - Familias de Industria Alimentaria e Química. As persoas interesadas deberán inscribirse ata o 15/06/2013 a través da aplicación de xestión do profesorado fprofe. O curso desenvolverase en xuño, entre os días 25 e 28 en Santiago de Compostela, no seguinte horario:

Martes 25 de xuño - 10:00-14:00

-Introdución á extracción do ADN.

-Introdución á PCR.

-Práctica de extracción de DNA.

-Práctica de preparación de buffers e xeles de agarosa.

Mércores 26 de xuño - 10:00-14:00

-Deseño dunha reacción de PCR: cálculos das concentracións.

-Práctica de PCR.

Xoves 27 de xuño - 10:00-14:00

-Visualización da PCR en xel de agarosa.

-Práctica dePCR.

-Introdución á PCR en tempo real.

Xoves 27 de xuño - 16:00-20:00

-Práctica de PCR en Tempo Real

Venres 28 de xuño - 10:00-14:00

-Interpretación resultados PCR Tempo Real.

-Repaso das utilidades destas técnicas na industria alimentaria.

Nº de Prazas: 15

Titores: Jorge Rodríguez Castro e Lois Pérez Diéguez

S1301005 - A reacción en cadea da polimerasa (CPR) na industria alimentaria
S1301005 - A reacción en cadea da polimerasa (CPR) na industria alimentaria

S1201109: Máis e mellor actividade física. Recursos didácticos e ferramentas para o profesorado.

Gallego

 

Data de realización: 9 de marzo

Lugar: Santiago de Compostela

Número de horas: 8

Fprofe: https://www.edu.xunta.gal/fprofe/inicio.do

Data: 

09/03/2013

Sección: 

S1301024 Cálculos financieiros adaptados ao plan xeral de contabilidade mediante folla de cálculo

Gallego

Centro de formación e recursos: CAFI
Temporalización:  03/09/2013  -  06/09/2013
Data límite de inscrición: 15/06/2013
Lugar: Santiago de Compostela
Prazas:  20

Horas totais: 24

Enlace a Fprofe: https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaInicio.do?DIALOG-EVENT-verAct=ve...

 

Data: 

03/09/2013 - 06/09/2013

Sección: 

Áreas-CAFI: 

S1301004 Fibra óptica na nova ICT

Summary: 

Curso da área de FP - Electricidade e electrónica que se impartirá do 2 ao 5 de setembro de 2013
Gallego

Atópase aberto o prazo de inscrición para a actividade "S1301004 Fibra óptica na nova ICT" destinada ao profesorado de FP - Electricidade e electrónica. As persoas interesadas deberán inscribirse ata o 15/06/2013 a través da aplicación de xestión do profesorado fprofe. O curso desenvolverase en setembro, entre os días 2 e 5, no seguinte horario:

02/09/2013          09:00  -  14:00          Novo Regulamento ICT2. Cambios substanciais con respecto á anterior normativa. Dimensionado das instalacións. Canalizacións e instalacións.

03/09/2013          09:00  -  14:00          Fibra óptica para a ICT2. Elementos de FO a empregar nas instalacións ICT2. Equipos electrónicos recomendados na ICT2: medidor de campo óptico. Xeradores de luz. Medidores Ópticos. Fusionadora. Certificador de redes.

04/09/2013          09:00  -  14:00          Conectorizacións de Fibra óptica e redes de datos. Prácticas de conectorización e fusión de fibra óptica. Prácticas de conectorización de rede de datos en categoría 6 (ICT2).

05/09/2013          09:00  -  14:00          Prácticas: LNB Óptico. Orientación. Axustes. Medidor de campo. Prácticas: medicións con equipos de fibra óptica. Prácticas: medicións coa certificadora de cables de datos.

Obxectivos:

1.Instalar conectar e soldar fibra óptica en ICT e infraestruturas de datos.

2.Realizar comprobacións e medidas da fibra ótica seleccionando os equipos de medida máis axeitados

3.Seleccionar e conectar equipos electrónicos de comunicacións con interfaces de fibra óptica.

Contidos:

1.Novo Regulamento ICT2. Cambios substanciais con respecto á anterior normativa.

2.Fibra óptica para a ICT2 e fibra óptica para instalacións de grandes dimensións. Diferenzas básicas e configuracións indicadas.

3.Equipos electrónicos recomendados na ICT2, e recomendacións de uso: medidor de campo óptico. Xerador de luz. Fusionadora. Certificador de redes.

4.Prácticas: Axuste dunha cabeceira óptica. Medidas de MER e CBER. Orientación dun LNB óptico.

5.Prácticas:Certificación dunha rede de datos en categoría 6 (ICT2). Fusionadora, uso e axustes. Realización fusións de fibra. Realización de empalmes de fibra. Uso do certificador de cable de datos

Corpos e especialidades:

511125 - Catedráticos de ensino secundario. Sistemas electrotécnicos e automáticos

511124 - Catedráticos de ensino secundario. Sistemas electrónicos

590125 - Profesores de ensino secundario. Sistemas electrotécnicos e automáticos

590124 - Profesores de ensino secundario. Sistemas electrónicos

591206 - Profesores técnicos de formación profesional. Instalacións electrotécnicas

591202 - Profesores técnicos de formación profesional. Equipos electrónicos

Criterios de selección de participantes:

Os xerais do plan anual

Imaxe da portada: CC-BY-SA  Autor: http://www.flickr.com/photos/kainet/144521981/

FIBRA OPTICA

S1301014 - Illamento e purificación de proteínas

Summary: 

O curso realizarase en Santiago de Compostela do 9 ao 13 de Setembro de 2013.
Gallego

Ata o 15/06/2013 está aberto o prazo de inscrición no curso de Formación Profesional "S1301014 - Illamento e purificación de proteínas" para o profesorado dos ciclos formativos de grao superior das ensinanzas de Química, Laboratorio de análise e Fabricación de produtos farmacéuticos e dos corpos de catedráticos de profesores de ensino secundario de Análise e química, Bioloxía e Xeoloxía, Física e Química; profesores técnicos de formación profesional e Laboratorio.

imaxe