Gallego

Formación inicial para equipos directivos

Summary: 

A formación iniciada hoxe, a cargo do Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI), reúne en Santiago de Compostela a preto de 200 docentes, que abordarán ata o vindeiro día 23 diferentes cuestións arredor das funcións correspondentes á xestión e dirección de centros de ensino.
Gallego

 

A formación iniciada hoxe, a cargo do Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI), reúne en Santiago de Compostela a preto de 200 docentes, que abordarán ata o vindeiro día 23 diferentes cuestións arredor das funcións correspondentes á xestión e dirección de centros de ensino.

Así, ao longo das xornadas abordarase temáticas como a xestión eficaz de centros de educación primaria e secundaria, os documentos pedagóxicos e organizativos, plans e programas escolares, marco normativo, innovación e calidade, traballo colaborativo ou recursos humanos do centro. Así mesmo afondarase en cuestións de interese na actualidade educativa, tales como as contornas virtuais e a seguridade en internet, o plan de autoprotección e, fundamentalmente, ferramentas de xestión do liderado pedagóxico, organizativo e relacional-emocional.

Para enriquecer a experiencia, ademais da fase presencial que supoñen estas xornadas, nas que contamos con especialistas de renome a nivel nacional como Nélida Zaitegi, Joan Vaello ou Carmen García de Leániz, e outros ponentes destacados da nosa Consellería, disporase dun espazo virtual no que os equipos directivos noveis serán asesorados no seu primeiro ano de exercicio por expertos na planificación e organización escolar.

Esta actividade forma parte da oferta da Rede de Formación Permanente do Profesorado, que conta con certificación de calidade en base á Norma UNE-EN ISO 9001:2008, para potenciar o desenvolvemento profesional dos equipos directivos de centros do século XXI.

portada directores
noticia directores
asistentes

S1301003 Fotografía dixital. Introdución á fotografía de estudo

Summary: 

Curso da área de FP - Familia de Artes Gráficas (septembro 2013)
Gallego

 

Data de comezo: 9 de septembro

Data de finalización: 13 de septembro

Lugar de celebración: CIFP Compostela (Santiago de Compostela)

Número de horas: 30

Enlace ao programa da actividade: PROGRAMA

 

fotografia web
PROGRAMA FOTO

Cultura e Educación emitiu durante a pasada lexislatura máis de 119.000 certificados de formación ao profesorado que participou nas preto de 7.000 actividades organizadas

O conselleiro fixo hoxe balance da aplicación do Plan de Formación Permanente dos docentes, “unha peza clave na mellora da calidade educativa”

Neste período impartíronse un total de 254.607 horas de formación, emitíronse 119.430 certificados a docentes e concedéronse 4.084 licenzas por formación

A Consellería investiu preto de 60 millóns de euros nos últimos catro anos nestas actuacións, que son gratuítas para os docentes

A valoración xeral das actividades organizadas pola Consellería tense incrementado ata os 4,11 puntos sobre 5, fronte aos 3,94 do curso 2008/2009

Gallego
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Ab
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, participou hoxe na Xornada de Avaliación do Plan Permanente de Formación do Profesorado,

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, participou hoxe na Xornada de Avaliación do Plan Permanente de Formación do Profesorado, un encontro no que fixo balance das actuacións desenvolvidas neste eido polo departamento educativo da Xunta de Galicia. Neste encontro, estivo acompañado polo director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, Manuel Corredoira; e contou coa participación de asesores de formación e dos directores do Centro Autonómico de Formación e Innovación e do Centros de Formación e Recursos da Coruña, Ferrol, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo.

Xesús Vázquez explicou que, ao abeiro dos plans de formación da Consellería, na pasada lexislatura realizáronse preto de 7.000 actividades organizadas, con carácter totalmente gratuíto para os docentes. Delas, 6.639 foron actividades presenciais, con 187.732 prazas ofertadas, e 340 foron actividades en rede, con 18.154 prazas a disposición dos docentes. Desta forma, a día de hoxe, é a Consellería a que oferta o  90% do total de actividades formativas para os docentes en Galicia, moi por diante das que ofrecen universidades, sindicatos e outras entidades. “En termos de prazas – explicou o conselleiro- estamos a cubrir con creces a demanda: hai máis dunha praza en actividades para cada profesor, en concreto, 1’32 prazas en actividades por profesor , fronte ás 1,26 do curso 08/09”. De feito en cada día lectivo do curso que acaba de rematar estiveron en marcha 10 actividades.

Investimento e calidade

En total, nos últimos catro cursos impartíronse ao abeiro dos plans de formación da Consellería un total de 254.607 horas de formación para o profesorado, e emitíronse  119.430 certificados a docentes. Ademais nos últimos catro anos Cultura e Educación concedeu un total de 4.084 licenzas por formación a docentes.

Segundo explicou Xesús Vázquez estes datos poñen de manifesto que, malia ao complicado da situación económica, o noso compromiso coa formación dos docentes é indiscutible. Non obstante, o investimento continúa a ser moi forte, e ascendeu na lexislatura pasada a preto de 60 millóns de euros.

Ademais, tal e como explicou Vázquez Abad, a oferta ten incrementado claramente a súa calidade. De feito, a valoración xeral das actividades organizadas pola Consellería (en canto a contidos, idoneidade, etc) é hoxe de 4,11 puntos sobre 5, fronte aos 3,94 do curso 2008/2009.

TIC e linguas estranxeiras

Respectos dos contidos das actividades, o conselleiro salientou a aposta pola formación en rede para cubrir a forte demanda de cursos online, que supera 4 veces á das actividades presenciais. Neste sentido explicou que nos últimos catro cursos "case triplicamos o número de actividades ofertadas en rede, e incrementamos nun 86% o número de prazas nas mesmas". No total da lexislatura ofertáronse 340 actividades en rede, cun total de 18.154 prazas a disposición dos docentes.

Así mesmo, sinalou como prioridade do seu departamento a formación do profesorado para dar resposta ao reto que supuxo a introdución das TIC e o plurilingüismo no sistema educativo, a través do Proxecto Abalar e mais do Plan de Potenciación das Linguas Estranxeiras. Para iso a Consellería organizou un total de 578 actividades específicas no relativo ás TIC, ofertando nelas preto de 16.000 prazas nos últimos catro anos. No que atinxe ás linguas estranxeiras, o número total de actividades específicas neste período ascendeu a 747, con preto de 30.500 prazas ofertadas. “Só no curso que acaba de rematar ofrecéronse 162 actividades e 5.247 prazas, o que supón duplicar tanto o número de actividades como de prazas do curso 2008/2009”, salientou Xesús Vázquez.

Plans de formación en centros

Por outra banda, o titular do departamento educativo da Xunta de Galicia quixo facer fincapé na importancia da posta en marcha no curso 2012/2013 do proxecto piloto dos plans de formación en centros, “unha iniciativa moi demandada polos docentes”. No seu primeiro ano de funcionamento participaron xa 68 centros, e tal e como explicou, "o éxito da iniciativa vén claramente avalado polas inscricións de cara ao vindeiro curso: un total de 310 centros que solicitaron participar”.

Esta iniciativa supón unha aposta máis da Consellería pola autonomía dos centros educativos á hora de analizar as súas fortalezas e eivas e plantexar estratexias de reforzo, un eido que tamén se está a traballar desde os contratos-programa. Non en balde a propia OCDE recoñece que a formación permanente feita a medida do profesorado no marco dos centros educativos está chamada a ser unha das ferramentas máis útiles para a mellora da calidade do ensino.

Unha rede de formación para o futuro

O titular do departamento educativo da Xunta de Galicia agradeceu á Rede de Formación do Profesorado, co Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI) á cabeza, “o seu traballo e o esforzo para enlazar ao profesorado e á administración educativa, achegando aos centros educativos o asesoramento preciso para proporcionar a formación demandada e necesaria para os docentes“. Non en balde, este labor valeulle á rede hai un ano puidemos celebrar a consecución da certificación de calidade UNE-EN ISO 9001:2008.

“Ao inicio da lexislatura pasada - recordou o conselleiro- impulsamos unha reestruturación da rede para fortalecela, creando o CAFI, ao abeiro da publicación dun novo decreto para regular a formación do profesorado. Agora acabamos de publicar a nova orde que regula a convocatoria, o recoñecemento, a certificación e rexistro das actividades de formación permanente do profesorado, que pecha o desenvolvemento normativo neste eido, normativa que ten por finalidade fixar as condicións e o marco estable que dea resposta ás necesidades formativas, de xeito que se alineen baixo uns mesmo parámetros estratéxicos e de calidade todos os axentes que traballan na formación dirixida aos profesionais do ensino“. Neste sentido, Xesús Vázquez  comprometeuse a seguir traballando na mesma liña, e sobre todo apostando por fortalecer a formación en rede e os plans de formación en centros.

“Podo afirmar, sen temor a equivocarme, que temos creado unha estrutura para o futuro, quen de responder aos novos retos que a sociedade globalizada e competitiva na que nos tocou vivir nos demanda. Sei que o camiño non foi fácil. Pero tamén sei que merece a pena, porque os seus froitos recíbense nos centros educativos aos que vai destinado este esforzo”, rematou.

Colectivo: 

Sócrates en La Cristalera

Summary: 

A Universidade Autónoma de Madrid organiza o curso de verán que leva por título "Sócrates en La Cristalera" e que terá lugar durante os días 27, 28 e 29 de xullo na Residencia La Cristalera, en Miraflores de la Sierra (Comunidade de Madrid).
Gallego

O obxectivo principal deste curso de verán é afrontar un dos misterios máis grandes da filosofía: como é posible que Sócrates, un filósofo que non escribiu nada, sexa considerado o fundador da tradición filosófica? O curso pretende, asimesmo, explorar a figura do Sócrates "histórico" en comparación coa do Sócrates revisado polos seus discípulos. Búscase, por último, avaliar a influencia do filósofo grego na transformación dos valores da pólis. O curso componse de diferentes ponencias impartidas por recoñecidos expertos nacionais e internacionais, como por exemplo Enrique López Castellón, catedrático de Filosofía (Universidad Autónoma de Madrid) e David Konstan, catedrático de Filoloxía Clásica (New York University). O prazo de matrícula remata o 19 de xullo.

Para máis información e para consultar o programa completo, pódese acceder ao seguinte enlace web:  http://www.uam.es/ss/Satellite/es/1234886355961/1242670195690/cursocortaduracion/cursoCortaDuracion/Socrates_en_La_Cristalera.htm

La muerte de Sócrates (David)

Formación inicial equipos directivos

Summary: 

Do día 16 ao 23 de xullo, terá lugar no Hotel Congreso (Santiago) a formación inicial para equipos directivos que compartirán directores, xefes de estudos e secretarios noveis.
Gallego

O día 16 de xullo dará comezo o programa formativo para o acceso á función directiva.

Esta actividade desenvolverase conxuntamente cos xefes de estudos e secretarios noveis, que compartirán módulos de contido cos directores. Esta primeira fase de formación, terá lugar ata o día 23 no Hotel Congreso ( Santiago de Compostela).

Abordaranse temáticas como a xestión eficaz de centros de educación, aspectos pedagóxicos e organizativos, plans e programas escolares, marco normativo, innovación e calidade, traballo colaborativo ou recursos humanos do centro. Así mesmo afondarase en cuestións de interese na actualidade educativa, tales como as contornas virtuais e a seguridade en internet, o plan de autoprotección e, fundamentalmente, ferramentas de xestión do liderado pedagóxico, organizativo e relacional-emocional.

Para enriquecer a experiencia, ademais da fase presencial que supoñen estas xornadas, nas que contamos con especialistas de renome a nivel nacional como Nélida Zaitegi, Joan Vaello ou Carmen García de Leániz, xunto con outros relatores destacados da nosa Consellería, disporase dun espazo virtual no que os equipos directivos noveis estarán asesorados no seu primeiro ano de exercicio por expertos na planificación e organización escolar.

AXENDA_DIRECTIVOS

II Encuentro de Didáctica de los Estudios Clásicos

Summary: 

Os días 6 e 7 de setembro deste ano 2013 terá lugar en Bellaterra e Barcelona, organizado polo Grupo de Didáctica de Linguas e Cultura Clásica da Universitat Autònoma de Barcelona, o II Encuentro de Didáctica de los Estudios Clásicos, actividade recoñecida como Curso de Formación do Profesorado.
Gallego

As sesións incluirán diferentes ponencias de especialistas invitados e comunicacións en formato Barcamp. As ponencias do día 6 celebraranse na Facultade de Letras da Universitat Autònoma de Barcelona, en Bellaterra, e versarán sobre métodos activos de aprendizaxe de latín e grego; as do día 7 terán lugar na Casa de Convalescència de l´Hospital de Sant Pau de Barcelona e tratarán sobre a interdisciplinariedade nos estudos clásicos. Levarase a cabo, así mesmo, a presentación de dúas coleccións de clásicos grecolatinos en catalán (das editoriais La Magrana RBA e Adesiara). O prazo de inscrición está aberto dende o 1 de xuño. O profesorado de ensino secundario poderá presentar, sempre e cando se inscriba no encontro, comunicacións para expoñer experiencias ou propostas didácticas relacionadas con calquera tema dos estudos clásicos. O prazo para presentar o título e breve resumo das comunicacións remata o vindeiro día 15 de xullo. Para máis información sobre a actividade así como para consultar o seu programa, pódese acceder ao seguinte enlace web:   http://pagines.uab.cat/iceclassiques/es/paideia-encuentro 

estudos clasicos

Educar en siglo XXI: Buenas prácticas en el sistema educativo español

Gallego

A UIMP desenvolverá os días  9, 10 e 11 de setembro de 2013 os Encontros, Educar en el siglo XXI: buenas prácticas en el sistema educativo español.

Celebraranse en Santander no "Palacio de la Magdalena"

Nestes Encontros, preténdese debater e reflexionar sobre algunhas boas prácticas relacionadas coas reformas que hai que abordar no noso sistema educativo para facer fronte aos principais problemas detectados nas avaliacións periódicas dos organismos europeos e internacionais.

Preme na imaxe e poderás atopar máis información


PROGRAMA

EDUCAR SIGLO XXI

G1301014: Formación profesional a distancia I: programación

Gallego

Data de comezo: 8 de Xullo

Data de finalización: 30 de Xullo

Lugar de celebración: PLATEGA

Número de horas totais: 30 horas

Ligazón a fprofe: https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaConsultaPublica.do?DIALOG-EVENT-ver=ver&cod_actividade=54393

Ligazón á aula virtual: http://www.edu.xunta.es/platega/course/view.php?id=1851

Data: 

08/07/2013 - 30/07/2013

Sección: