Sócrates en La Cristalera
O obxectivo principal deste curso de verán é afrontar un dos misterios máis grandes da filosofía: como é posible que Sócrates, un filósofo que non escribiu nada, sexa considerado o fundador da tradición filosófica? O curso pretende, asimesmo, explorar a figura do Sócrates "histórico" en comparación coa do Sócrates revisado polos seus discípulos. Búscase, por último, avaliar a influencia do filósofo grego na transformación dos valores da pólis. O curso componse de diferentes ponencias impartidas por recoñecidos expertos nacionais e internacionais, como por exemplo Enrique López Castellón, catedrático de Filosofía (Universidad Autónoma de Madrid) e David Konstan, catedrático de Filoloxía Clásica (New York University). O prazo de matrícula remata o 19 de xullo.
Para máis información e para consultar o programa completo, pódese acceder ao seguinte enlace web: http://www.uam.es/ss/Satellite/es/1234886355961/1242670195690/cursocortaduracion/cursoCortaDuracion/Socrates_en_La_Cristalera.htm