II Encuentro de Didáctica de los Estudios Clásicos
As sesións incluirán diferentes ponencias de especialistas invitados e comunicacións en formato Barcamp. As ponencias do día 6 celebraranse na Facultade de Letras da Universitat Autònoma de Barcelona, en Bellaterra, e versarán sobre métodos activos de aprendizaxe de latín e grego; as do día 7 terán lugar na Casa de Convalescència de l´Hospital de Sant Pau de Barcelona e tratarán sobre a interdisciplinariedade nos estudos clásicos. Levarase a cabo, así mesmo, a presentación de dúas coleccións de clásicos grecolatinos en catalán (das editoriais La Magrana RBA e Adesiara). O prazo de inscrición está aberto dende o 1 de xuño. O profesorado de ensino secundario poderá presentar, sempre e cando se inscriba no encontro, comunicacións para expoñer experiencias ou propostas didácticas relacionadas con calquera tema dos estudos clásicos. O prazo para presentar o título e breve resumo das comunicacións remata o vindeiro día 15 de xullo. Para máis información sobre a actividade así como para consultar o seu programa, pódese acceder ao seguinte enlace web: http://pagines.uab.cat/iceclassiques/es/paideia-encuentro