Formación inicial para equipos directivos

A formación iniciada hoxe, a cargo do Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI), reúne en Santiago de Compostela a preto de 200 docentes, que abordarán ata o vindeiro día 23 diferentes cuestións arredor das funcións correspondentes á xestión e dirección de centros de ensino.
Mar, 16/07/2013 - 12:36
portada directores
noticia directores
asistentes

 

A formación iniciada hoxe, a cargo do Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI), reúne en Santiago de Compostela a preto de 200 docentes, que abordarán ata o vindeiro día 23 diferentes cuestións arredor das funcións correspondentes á xestión e dirección de centros de ensino.

Así, ao longo das xornadas abordarase temáticas como a xestión eficaz de centros de educación primaria e secundaria, os documentos pedagóxicos e organizativos, plans e programas escolares, marco normativo, innovación e calidade, traballo colaborativo ou recursos humanos do centro. Así mesmo afondarase en cuestións de interese na actualidade educativa, tales como as contornas virtuais e a seguridade en internet, o plan de autoprotección e, fundamentalmente, ferramentas de xestión do liderado pedagóxico, organizativo e relacional-emocional.

Para enriquecer a experiencia, ademais da fase presencial que supoñen estas xornadas, nas que contamos con especialistas de renome a nivel nacional como Nélida Zaitegi, Joan Vaello ou Carmen García de Leániz, e outros ponentes destacados da nosa Consellería, disporase dun espazo virtual no que os equipos directivos noveis serán asesorados no seu primeiro ano de exercicio por expertos na planificación e organización escolar.

Esta actividade forma parte da oferta da Rede de Formación Permanente do Profesorado, que conta con certificación de calidade en base á Norma UNE-EN ISO 9001:2008, para potenciar o desenvolvemento profesional dos equipos directivos de centros do século XXI.