Formación inicial equipos directivos

Do día 16 ao 23 de xullo, terá lugar no Hotel Congreso (Santiago) a formación inicial para equipos directivos que compartirán directores, xefes de estudos e secretarios noveis.
Mér, 03/07/2013 - 11:55
AXENDA_DIRECTIVOS

O día 16 de xullo dará comezo o programa formativo para o acceso á función directiva.

Esta actividade desenvolverase conxuntamente cos xefes de estudos e secretarios noveis, que compartirán módulos de contido cos directores. Esta primeira fase de formación, terá lugar ata o día 23 no Hotel Congreso ( Santiago de Compostela).

Abordaranse temáticas como a xestión eficaz de centros de educación, aspectos pedagóxicos e organizativos, plans e programas escolares, marco normativo, innovación e calidade, traballo colaborativo ou recursos humanos do centro. Así mesmo afondarase en cuestións de interese na actualidade educativa, tales como as contornas virtuais e a seguridade en internet, o plan de autoprotección e, fundamentalmente, ferramentas de xestión do liderado pedagóxico, organizativo e relacional-emocional.

Para enriquecer a experiencia, ademais da fase presencial que supoñen estas xornadas, nas que contamos con especialistas de renome a nivel nacional como Nélida Zaitegi, Joan Vaello ou Carmen García de Leániz, xunto con outros relatores destacados da nosa Consellería, disporase dun espazo virtual no que os equipos directivos noveis estarán asesorados no seu primeiro ano de exercicio por expertos na planificación e organización escolar.