S1301004 Fibra óptica na nova ICT
Atópase aberto o prazo de inscrición para a actividade "S1301004 Fibra óptica na nova ICT" destinada ao profesorado de FP - Electricidade e electrónica. As persoas interesadas deberán inscribirse ata o 15/06/2013 a través da aplicación de xestión do profesorado fprofe. O curso desenvolverase en setembro, entre os días 2 e 5, no seguinte horario:
02/09/2013 09:00 - 14:00 Novo Regulamento ICT2. Cambios substanciais con respecto á anterior normativa. Dimensionado das instalacións. Canalizacións e instalacións.
03/09/2013 09:00 - 14:00 Fibra óptica para a ICT2. Elementos de FO a empregar nas instalacións ICT2. Equipos electrónicos recomendados na ICT2: medidor de campo óptico. Xeradores de luz. Medidores Ópticos. Fusionadora. Certificador de redes.
04/09/2013 09:00 - 14:00 Conectorizacións de Fibra óptica e redes de datos. Prácticas de conectorización e fusión de fibra óptica. Prácticas de conectorización de rede de datos en categoría 6 (ICT2).
05/09/2013 09:00 - 14:00 Prácticas: LNB Óptico. Orientación. Axustes. Medidor de campo. Prácticas: medicións con equipos de fibra óptica. Prácticas: medicións coa certificadora de cables de datos.
Obxectivos:
1.Instalar conectar e soldar fibra óptica en ICT e infraestruturas de datos.
2.Realizar comprobacións e medidas da fibra ótica seleccionando os equipos de medida máis axeitados
3.Seleccionar e conectar equipos electrónicos de comunicacións con interfaces de fibra óptica.
Contidos:
1.Novo Regulamento ICT2. Cambios substanciais con respecto á anterior normativa.
2.Fibra óptica para a ICT2 e fibra óptica para instalacións de grandes dimensións. Diferenzas básicas e configuracións indicadas.
3.Equipos electrónicos recomendados na ICT2, e recomendacións de uso: medidor de campo óptico. Xerador de luz. Fusionadora. Certificador de redes.
4.Prácticas: Axuste dunha cabeceira óptica. Medidas de MER e CBER. Orientación dun LNB óptico.
5.Prácticas:Certificación dunha rede de datos en categoría 6 (ICT2). Fusionadora, uso e axustes. Realización fusións de fibra. Realización de empalmes de fibra. Uso do certificador de cable de datos
Corpos e especialidades:
511125 - Catedráticos de ensino secundario. Sistemas electrotécnicos e automáticos
511124 - Catedráticos de ensino secundario. Sistemas electrónicos
590125 - Profesores de ensino secundario. Sistemas electrotécnicos e automáticos
590124 - Profesores de ensino secundario. Sistemas electrónicos
591206 - Profesores técnicos de formación profesional. Instalacións electrotécnicas
591202 - Profesores técnicos de formación profesional. Equipos electrónicos
Criterios de selección de participantes:
Os xerais do plan anual
Imaxe da portada: CC-BY-SA Autor: http://www.flickr.com/photos/kainet/144521981/