S1301005 - A reacción en cadea da polimerasa (CPR) na industria alimentaria
Atópase aberto o prazo de inscrición para a actividade "S1301005 A reacción en cadea da polimerasa (CPR) na industria alimentaria" de 20 horas destinada ao profesorado de FP - Familias de Industria Alimentaria e Química. As persoas interesadas deberán inscribirse ata o 15/06/2013 a través da aplicación de xestión do profesorado fprofe. O curso desenvolverase en xuño, entre os días 25 e 28 en Santiago de Compostela, no seguinte horario:
Martes 25 de xuño - 10:00-14:00
-Introdución á extracción do ADN.
-Introdución á PCR.
-Práctica de extracción de DNA.
-Práctica de preparación de buffers e xeles de agarosa.
Mércores 26 de xuño - 10:00-14:00
-Deseño dunha reacción de PCR: cálculos das concentracións.
-Práctica de PCR.
Xoves 27 de xuño - 10:00-14:00
-Visualización da PCR en xel de agarosa.
-Práctica dePCR.
-Introdución á PCR en tempo real.
Xoves 27 de xuño - 16:00-20:00
-Práctica de PCR en Tempo Real
Venres 28 de xuño - 10:00-14:00
-Interpretación resultados PCR Tempo Real.
-Repaso das utilidades destas técnicas na industria alimentaria.
Nº de Prazas: 15
Titores: Jorge Rodríguez Castro e Lois Pérez Diéguez