S1301015: A prevención de riscos laborais nos traballos de laboratorio:manipulación de produtos químicos e biolóxicos
Por segundo ano consecutivo volvese a celebrar o curso "A prevención de riscos laborais nos traballos de laboratorio: manipulación de produtos químicos e biolóxicos" destinado ao profesorado de FP da familia de Sanidade. Como na anterior edición, o impartirá a Xefa da Sección de Hixiene Industrial do ISSGA (Instituto galego de seguridade e saúde laboral), Lucía Ferrón Vidán.
Lucía Ferrón é experta no estudo e análise dos contaminantes físicos (ruído, vibracións, campos electromagnéticos, radiacións ópticas) químicos e biolóxicos presentes nos diferentes lugares de traballo, e tamén é autora de diferentes publicacións centradas nesta disciplina. Como tal ven participando como relatora en diferentes actividades de formación, ademais de responsabilizarse do deseño e coordinación dos plans e programas de actuación do ISSGA neste campo .
O Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral é un organismo autónomo adscrito organicamente á consellería de traballo, que se configura como un órgano técnico en materia de prevención de riscos laborais. A súa actuación inclúe especificamente as cooperativas de traballo asociado e as demais cooperativas en relación cos seus socios e socias de traballo. Así mesmo leva a cabo actividades de promoción de prevención de riscos laborais en relación coas traballadoras e os traballadores por conta propia e co conxunto da poboación, prestando especial atención ás actividades de prevención dirixidas ás pequenas e medianas empresas. Para levar adiante estas tarefas, o ISSGA conta con diversas ferramentas, entre as que destacamos os catro centros provinciais de seguridade e saúde laboral.
Na páxina web do ISSGA pódense atopar información relativa a estas temáticas así como material de interese para a aula.
Data de comezo: 26/06/2013
Data de finalización: 27/06/2013
Lugar de celebración: Centro Autonómico de Formación e Innovación
Número de horas totais: 14
Enlace a FPROFE: https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaConsultaPublica.do?DIALOG-EVENT-ver=ver&cod_actividade=54388