Plans de formación permanente do profesorado que se van implantar en centros educativos públicos dependentes desta consellería no curso 2013/2014
- O prazo de preinscrición é ata o 30 de xuño.
- O prazo de presentación de solicitudes remata o 27 de setembro.
Que son?
Plans específicos de formación permanente que, partindo dunha avaliación das necesidades do centro, permitan deseñar accións formativas destinadas á actualización e o perfeccionamento das competencias profesionais do profesorado para a mellora da calidade da educación e dos resultados escolares.
Destinatarios
Centros educativos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Cada centro pode solicitar un único plan. Varios centros con necesidades comúns e proximidade xeográfica poderán presentar un plan conxunto.
Características
- Os plans estarán integrados por un ou dous itinerarios formativos, que atenderán a algunha das liñas de actuación propostas.
- Cada itinerario formativo constará, como norma xeral, de dúas ou tres actividades formativas (curso, grupo de traballo, seminario).
- As actividades deberán estar integradas e secuenciadas nun proceso que inclúa a análise e elaboración de propostas didácticas, así como a súa aplicación á aula ou ao centro, e a reflexión e avaliación dos resultados.
- Os plans presentados terán unha planificación mínima de dous cursos escolares e máxima de catro.
- Debe participar máis do 40% do Claustro. Cada profesor/a pode integrarse como mínimo nun dos itinerarios que forman o plan.
Liñas de traballo
- Programación, desenvolvemento e avaliación de competencias básicas, facendo especial fincapé no tratamento das linguas, tanto propias como estranxeiras.
- Integración didáctica das TICs, e no uso para o traballo cooperativo en rede a través de espazos virtuais.
- Mellora da xestión dos centros e dos procesos de calidade.
- Convivencia escolar e clima da aula
- Atención á diversidade e cambios metodolóxicos asociados.
- Accións encamiñadas a mellorar o desempeño profesional docente e á actualización científica e didáctica do profesorado.
- Xestión directiva dos centros.
Máis información
Correos electrónicos: cafi@edu.xunta.es, cfr.coruna@edu.xunta.es, cfr.lugo@edu.xunta.es, cfr.ourense@edu.xunta.es, cfr.pontevedra@edu.xunta.es, cfr.ferrol@edu.xunta.es, cfr.vigo@edu.xunta.es