Skip to Content

Actividades varias

Actividades varias

GRADUACIÓN DO ALUMNADO DE 6º

Cun acto sinxelo despedimos a promoción 2004-2013

O venres 14, despois da xornada habitual de traballo, o ANPA obsequiou o alumnado de 6º cun xantar, mentres que o colexio repartiulles uns agasallos; tamén disfrutaron dun vídeo que recollía os mellores momentos dos últimos nove anos. Resultou un acto sinxelo e moi emotivo. Rematou cunha sesión de fotos. Só queda agradecer ós pais e nais, que con tanto cariño organizaron o xantar; a nosa directora, que sempre está pendente que non falte nada; e, os mestres e mestras que lles deron clase nalgún curso por telos acompañado nesta xornada tan especial.

 

PARABÉNS E MOITA SORTE!

FESTIVAL DA LINGUA 2013

O martes, 4 de maio, celebramos o Festival da Lingua.

As totalidade das clases foron representando os seus traballos; durante as dúas xornadas escolares anteriores o público foi a totalidade do alumnado; o martes, pola tarde, actuamos para as familias. Deixámosvos os vídeos dos mellores momentos do Festival da Lingua 2013, por niveis educativos e nas distintas actividades:

 

INFANTIL  MUSICAL

3-4-5 ANOS

 INFANTIL BAILE EN INGLÉS

                    5ANOS


 1ºA-1ºB
 2ºA-2ºB
 3ºA-3ºB  4ºA-4ºB

 5ºA-5ºB  6ºA-6ºB

Cantamos e bailamos en Inglés

1º-5º-6º

Bailes libres

4º-5º-6º

 

Os nosos/as presentadores/as
 

FOTOS DOS MELLORES MOMENTOS

 

 

Premendo na seguinte imaxe tedes un enlace ó Blog da Biblioteca de todo o acontecido na Festa Fin de Proxecto "A lingua sabe a pan" 

tarta

Tarta participante no concurso de postres deste ano

CUARTOS NO CONCURSO LIGAMATS

O mércores, 15 de maio, o equipo que concursou en Ligamats, actividade da Semana Matemática, foi recoller o premio e diploma polo seu cuarto posto. Tamén houbo un diploma para o noso Centro que foi recollido pola mestra Conchi.

Se premes na imaxe poderás ver as fotos dos mellores momentos.

 

ligamat

Noraboa para todos e todas, en especial para Ainhoa, Ariadna, Iván e Andrés !

FINALISTAS NA SEMANA DA MATEMÁTICA

ligamats

 

Un  grupo de alumnos/as de 5º de primaria, clasificáronse para a final da IX Ligamats.

A fase final celebrarase o  martes 14 as 16:30. Os alumnos/as que nos representan son:

Iván Fernández, Ainhoa Rodríguez Domínguez, Ariadna González Ballesteros y Andrés López Bastos.

A mestra responsable da actividade é Conchi, titora de 5º.

Enlace ó blog do alumnado: http://quintodefrian.blogspot.com.es/

 

Moita sorte, e xa contaredes, rapaces!

XORNADA DE ACOLLIDA NO INSTITUTO R.O.U

O alumnado de sexto de primaria acompañado das súas titoras, Marisa e Ana, e da orientadora, María, foron visitar o Instituto República Oriental do Uruguai.

experimentos

     Hoxe, 18 de abril, tivemos a xornada de acollida no Instituto R.O.U. Saímos do colexio un  pouquiño despois das nove e fomos camiñando ata o instituto onde esperábannos antigos compañeiros mailo director do Centro. Acompañáronnos ata a Biblioteca; xa alí, ex-alumnos e ex-alumnas do Frian coñecidos por todos e todas (Roi, Antía Otero, Aroa, Dayana, Roberto...) xunto con mestras e mestres do instituto foron quen de irnos ensinando as distintas dependencias do mesmo; a biblioteca, a aula de Bilingüe, o laboratorio de Física e Química, un aula de Matemáticas, o ximnasio; onde realizamos distintas tarefas. Sen dúbida ningunha, o momento estelar foi a realización do "experimento do ovo", que ano tras ano estase a converter nunha lenda urbana.

    Rematamos a nosa visita cunha merenda na biblioteca.

   Moitos e moitas pensamos que xa querían quedar alí, pero...aínda nos quedan un par de meses de duro traballo.

   Queremos agradecer sinceramente, o Claustro do Instituto República Oriental do Uruguai, o trato que nos dispensaron nesta visita e o preparada que tiñan esta xornada de acollida.

Seguro, que o noso alumnado, o ano que vén atoparanse como na casa.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut