Skip to Content

Actividades varias

Actividades varias

ACTIVIDADES FIN DE TRIMESTRE. NADAL 2013

A continuación, presentámosvos unha relación de vídeos onde podedes ver as actividades programadas para pechar o derradeiro trimestre do ano 2013, co gallo das Festas de Nadal.

 Representación da obra de Teatro: "O paxo do rei coello"

realizada no grupo de teatro de actividades extraescolares.

 Representación da obra de Teatro: "Historias de perruquería" realizada no grupo de teatro de actividades extraescolares.
 Dende o Norte de Europa, e como ben sendo habitual, chega Papa Noel á súa cita anual.
 Despedimos a mestra Remedios....ata sempre

OUTONO NOS CORREDORES

 

Alumnado e mestra  de 3º B

Día a día estamos a ver crecer unha exposición no corredor do primeiro andar do colexio. O alumnado de 3º dirixido pola mestra Celsa, infórmanos sobre ditos, refráns e distintos produtos do outono. Botade unha ollada:

OBRADOIRO DE STOP MOTION EN 6º DE PRIMARIA

Durante o curso 2013/13 en 6º de primaria, comezamos a traballar cunha nova técnica, "stop motion". No seguinte vídeo podedes ver como traballamos esta técnica e algún dos resultados ao mesma:

E AGORA TOCA FACER...TRAPILLO

Os alumnos de 1º A axudados pola sua titora María, aprenderon a facer trapillo. Si, si trapillo. O trapillo é un material de reciclado. Neste caso imos texelo cos dedos. Botade unha ollada. O alumnado de 6º quixo aprender e aí están, man a man traballando.

Dos pequenos podemos aprender moito, moitas grazas por ensinarnos!

ECOS DA FESTA DOS MAIOS

 

 

maios

 

O alumnado de 1º A, estivo a traballar a festa tradicional dos Maios; cantaron... E ata fixeron o seu propio "maio".  Estade moi atentos o seguinte vídeo:

 

Distribuir contido


by Dr. Radut