Cun acto sinxelo despedimos a promoción 2004-2013
O venres 14, despois da xornada habitual de traballo, o ANPA obsequiou o alumnado de 6º cun xantar, mentres que o colexio repartiulles uns agasallos; tamén disfrutaron dun vídeo que recollía os mellores momentos dos últimos nove anos. Resultou un acto sinxelo e moi emotivo. Rematou cunha sesión de fotos. Só queda agradecer ós pais e nais, que con tanto cariño organizaron o xantar; a nosa directora, que sempre está pendente que non falte nada; e, os mestres e mestras que lles deron clase nalgún curso por telos acompañado nesta xornada tan especial.
PARABÉNS E MOITA SORTE!