Skip to Content

Convivencia

Convivencia

DÍA DA DISCAPACIDADE

 

 

 discapacidade

 

 

A principios deste mes celebramos o día da discapacidade cunha actividade na que simulamos unha discapacidade visual. Levouse a cabo varias actividades adaptadas o nivel dos distintos cursos. En infantil e 1º de primaria estas actividades foron manipulativas, como recoñecer os compañeiros ou diversos obxectos mediante o tacto, ou debuxar distintas figuras nun papel continuo formando un mural por curso. Por outra banda, de 2º a 6º de primaria as actividades foron motrices. Realizouse un circuito con tres estacións. Ditas estacións foron tirar penaltis, xogar aos bolos e encestar nunhas canastas-cestas, sempre coa axuda dun compañeiro/a que non simulaba a discapacidade visual que estábamos traballando.

 

discapacidade 2

 

Esta actividade tivo unha gran aceptación por parte do alumnado do centro.

 

 

O ACOSO ESCOLAR EN 4° DE PRIMARIA

O alumnado de 4º en colaboración co Departamento de Orientación tamén traballou o acoso escolar ca curtametraxe “Liga contra el bullying” a través dela realizaron un mural sobre o triangulo do bullying e un vídeo coa súa explicación.

Acosos escolar 4

ACOSO ESCOLAR NO PRIMEIRO CICLO

O alumnado de Primerio Ciclo de Educación Primaria, en colaboración co Departamento de Orientación, traballou recentementee o acoso escolar a través do vídeo do Ourizo

Se premedes neste enlace podedes acceder ás fotos do traballo.

erizo cortometraje

 

 

NORMAS DE USO DOS ASEOS NO COLE

Podedes escoitar, premendo nesta imaxe,  ao alumnado de 3º informando das normas do uso dos baños

uso baños

VISITA DE ADA E A SÚA NAI

Ada 1

O día 13 de decembro,  o alumnado de 6º de Primaria , tivemos unha visita moi especial, veu visitarnos Ada e a súa nai Pilar.

Ada é unha  nena con diversidade funcional,  e tanto ela como a súa nai  faláronnos da importancia de que vivamos nunha ciudades sen barrieras arquitectónicas tanto físicas como mentáis, que aprendemos tanto das persoas que nos axudan no día a día como das que nos poñen trabas, sempre hai que ver o lado positivo.

Que cando somos pequenos todos e todas vémonos iguais pero a medida que medramos esa inocencia a perdemos.

Por iso o que aprendimos é que pasar  estes momentos  fainos a todos e todas estar baixo  o mesmo paraguas. 

 

Ada 2

 

Ada 3

Distribuir contido


by Dr. Radut