Skip to Content

Convivencia

Convivencia

Conmemoramos o Día da Paz 2018

O martes 30 de xaneiro, conmemoramos o "Dia Escolar da Paz e a non violencia 2018";cun acto sinxelo no patio, a unha, tamén quixemos sumarnos a inicitiva da asociaión "Bicos de Papel" para conmemorar o "Día do cancro infantil" que se conmemora o vindeiro 15 de febreiro.

Construímos un lazo con todo o alumnado do colexio, poñendo enriba das nosas cabezas un papel dourado, mentres cantabamos a canción "Quero verte feliz outra vez"de IMusicar.

 

NAVEGA CON RUMBO POLO CIBERESPAZO ...

Moitos de nós empregamos a Internet acotío: para buscar información, facer un traballo, investigar sobre o noso tema favorito; tamén para xogar, escoitar música, comunicarnos cos amigos/as... Resúltanos útil, práctica e moi divertida, pero ... debemos empregala de xeito responsable, de forma que o seu uso nunca constitúa para nós un perigo.

O Colexio Profesional de Enxeñería Informática de Galicia,en colaboración coa Xunta de Galica, ofrece o Plan Navega con Rumbo polo Ciberespazo co obxecto de que os usuarios da Internet sexamos conscientes dos riscos agochados na rede e, consecuentemente, podamos protexernos deles.Juan estivo hoxe no centro co alumnado de 5º e 6º de EP e achegoulles moitas normas  para navegar con seguridade na Rede. Faloulles das situacións que entrañan riscos e de como evitalas, escoitou as súas experiencias e respondeu as súa preguntas. Ademais de expor moitas pautas de actuación, fixo fincapé na seguinte recomendación:

NON FAGAS NADA POR  INTERNET  QUE NON FARÍAS NA  VIDA REAL.

(Preme na foto para ver outras imaxes)

CAMIÑA CON NÓS POLA IGUALDADE.

 

Camiña con nós pola Igualdade, programa educativo que organiza a  Concellería de Igualdade do Concello de Vigo, achegounos, novos obradoiros, como cada ano.

Como cabía esperar,Elsa fíxonos reflexionar sobre moitos aspectos que están presentes nas situacións máis cotiáns das nosas vidas e que tratan de situar a homes e mulleres en planos diferentes, alonxados, en ocasións … ata enfrontados, cando realmente o que queremos é contemplar as nosas diferenzas para camiñar en boa harmonía, apoiándonos e sentindo a igualdade.

Con espíritu crítico temos que cuestionar o contido de moitas mensaxes que o entorno ofrece  a través de anuncios publicitarios, cancións, expresións… e moitas outras situacións coas que convivimos. So así  conseguiremos  dar ás nosas vidas o rumbo que realmente desexamos. Preme na foto para ver máis imaxes.

Boas Festas!

A Comunidade Educativa do Ceip Frian-Teis deséxavos un Nadal Máxico!

Durante a última semana do trimestre a nosa Orientadora xunto coa mestra Luz estiveron a organizar a postal de felicitación conxunta deste Nadal, moi vencellada ó PDI "Había unha vez...". Deixámosvos a mostra do noso traballo.

(Se a queres esscoitar con música, preme no autofalante da esquerda)

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Nadal en familia!

Prezadas familias!

Unha ano  máis, desde o Equipo de Convivencia, propoñémosvos un traballo en familia para expoñer durante o Nadal no noso colexio. Este ano eleximos unha chistera de mago, dacordo co proxecto que estamos a desenvolver dende a nosa Biblioteca “Había unha vez...”

Poñede a vosa imaxinación a traballar e converte esta chistera  nun adorno navideño.

 Podedes empregar calquera técnica e material para decoralo. Por exemplo:

papeis de cores
pinturas
algodon botones
algodón botóns
semillas
sementes lapis
papeis
témperas papeis de agasallo
teas pasta
teas pastas
xornal revistas
xornais revistas

Esperamos os vosos fantásticos traballos para adornar os corredores do colexio!

 

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Distribuir contido


by Dr. Radut