Skip to Content

Convivencia

Convivencia

DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS HUMANOS

 

radio1


O alumnado de 3º A e B de Primaria celebraron o Día Internacional dos Dereitos Humanos, creando unha escolma de anuncios radiofónicos onde expresan os nosos dereitos e deberes.

 

radio2

 

 

 

 

DÍA DA DISCAPACIDADE

 día da discapacidade

O CEIP PLURILINGUE FRIÁN TEIS nun traballo de reflexión sobre a discapacidade e a diversidade deixa unha pegada artística e cooperativa a través da súa mascota da biblioteca, FRIANCIÑO, recollendo as palabras de NEIL MARCUS:

" A Discapacidade é un arte, unha forma inxeniosa de vivir"

CONSELLO DE NENOS E NENAS

 O CEIP Plurilngüe Frian Teis comeza este curso escolar 22-23 unha nova andadura no desenvolvemento da convivencia positiva.

Os nosos nenos e nenas son as persoas protagonistas da súa aprendizaxe e coa súa voz expoñen, analizan, median e atopan solucións para o conflictos e desencontros que xorden habitualmente na dinámica escolar a través do CONSELLO de NEN@S.

MULLERES NA CIENCIA

Nestes días para conmemorar o Día da Muller, 8 de marzo, estivemos a investigar  en cada aula unha muller científica, xa que o noso PDI " Science, un ano con-ciencia" trata deste tema e somos conscientes de que hai moitas mulleres que sobresairon neste ámbito.

Creamos un mural conxunto 

8 MARZO

e  unha revista dixital

 

 

 

DÍA DA MULLER 2022

 
 
Distribuir contido


by Dr. Radut