Skip to Content

Vivindo san no cole Frian

Educación Física na Rúa

 
 
 
 
O pasado xoves celebramos a xornada escolar de "Educación Física na Rúa 2019" a través dos materiais achegados por Chema Figueroa (COLEF Galicia)
EF NA RÚA

A VISITA DUN CHEF MOI ESPECIAL

Este martes 8 de maio, tivemos en Educación Infantil a visita dun Chef moi especial. Remo axudóunos a convertirnos en minichefs por un día. Preparamos receita, probamos e participamos moi activamente no obradoiro de cociña. Non vos perdades este vídeo que reflicte o ben que traballamos e como gozamos con Remo do bonito que é a cociña utilizando alimentos sans e saudables.

Grazas Remo por vir visitarnos, esperamos verte pronto !!!

 

As nosas portas decoradas con temas do noso PDI

 

  Xa estamos rematando as nosas investigacións do PDI “Vivindo san no cole Frian”. En todas as aulas fixemos un traballo plástico decorando as nosas portas ou facendo murais que representen os contidos que estivemos a traballar ao longo do curso.

 

Grazas rapaces e rapazas!

 

Hecho con Padlet

I CONGRESO ALIMÉNTATE BEN

 

 

Os días 3 e 4 de maio, celebrouse no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia, en Santiago de Compostela, o I Congreso Aliméntate Ben  nos que, durante as dúas xornadas, reuníronse 500 escolares galegos de Primaria e Secundaria para reflexionar sobre alimentación saudable na infancia e na adolescencia.

 

Dentro desta iniciativa os nosos alumnos e alumnas presentaron os traballos realizados dentro do noso PDI "Vivindo San no Cole Frian" que conleva os proxectos educativos Aliméntate Ben, Máis e Mellor actividade Física e Móvete + e moito máis (Programacións de aula, Biblioteca,Tics, Música, Educación Físca, Lingua Inglesa...)

Consistiu nunha Feria-Exposición na que participamos 10 centros de Primaria amosando os nosos traballos e tivemos a posiblidade de coñecer outros Centros, participar en obradoiros e actividades lúdicas fomentando a nosa vida e alimentación saudable.

 Accesit I congreso

 

O noso centro acadou un accésit pola labor realizada ao longo deste curso neste  Proxecto o que pretendemos continuar traballando ao longo dos vindeiros anos xa que a resposta da Comunidade Educativa é excepcional e a ela e a quen temos que agradecer este recoñecemento por parte da Xunta de Galicia.

entrega accesit

 

CLUB DOS SUPERSAUDABLES

Este mes celebramos a “5º edición dos Premios Merendas Saudables”.

Como cada mes, as comisións saudables valoran os datos dos calendarios de merendas que ten cada aula do cole e reparten as invitacións do premio.

Nesta ocasión, todas as clases premiadas están invitadas a unha  “Sesión de baile moi rica e saudable”.

Unha actividade organizada pola teacher Montse e con moitas sorpresas.

         Seguimos batindo récords de participación!



   No seguinte vídeo podedes descubrir  as sorpresas que tivemos e como celebramos que o mes de marzo foi un mes supersaudable no cole Frian:


Distribuir contido


by Dr. Radut